Corina Porro tratou sobre as infaestructuras da cidade con varios colectivos sociais
A alcaldesa Corina Porro reuniuse hoxe cos integrantes da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia, coa xunta directiva de Anfaco e representantes de Conxemar, a quen trasladou a vontade de colaboración do Concello. No encontro cos integrantes de Asime, Corina Porro abordou aspectos coma o solo industrial, a formación de desempregados e referiuse ó futuro do porto de Vigo.
Os representantes de Anfaco informaron á alcaldesa dos actos de conmemoración do centenario desta empresa, que concedeu ó Concello de Vigo a Medalla de Ouro de Anfaco. As infraestructuras, o PXOM, a necesidade de apoio na Universidade de Vigo e o aeroporto foron outros dos aspectos que se abordaron nas reunións.
"Vigolandia"
Por outra banda, a alcaldesa de Vigo fixo entrega ós representantes dos colectivos San Rafael e San Francisco dun cheque coa recadación do parque infantil de nadal "Vigolandia", celebrado os días 2, 3 e 4 de xaneiro en Cotogrande. A recadación, 18.019 euros, repartiuse en dous cheques, de 9.009,50 euros cada un, ós representantes destes colectivos, o Padre Ortiz por parte do centro San Francisco, e José Antonio Atienza por parte de San Rafael.
Á entrega do cheque asistiron representantes das empresas organizadoras deste evento, entre elas o IFEVI, Caixanova, Alcampo, Faro de Vigo e a Fundación Celta. Corina Porro, que valorou de xeito moi positivo esta iniciativa, apostou por traballar para conseguir unha sociedade mais integradora.
Descargar todas as imaxes