A Casa das Artes acolle dende mañá a exposición "Premio Nacional de Carteles 2003" adicada ó voluntariado social e promovida por Caja Madrid
A mostra, composta de 30 obras sobre o voluntariado social, poderá contemplarse ata o vindeiro 25 de xaneiro na primeira planta do centro
Os 30 carteis premiados na carta edición do "Premio Nacional de Carteles 2003" promovido pola obra social de Caja Madrid e adicado nesta ocasión ó voluntariado social poderán contemplarse dende mañá na primeira planta da Casa das Artes. A exposición amosa o compromiso de moitas persoas que, vivindo nunha sociedade de benestar, prestan a súa colaboración desinteresada en proxectos humanitarios.
Os carteis seleccionados conforman unha mostra que percorre as principais cidades españolas e que reflicte o nivel técnico dos diseñadores de carteis e o xeito intelixente e directo co que enfocan a temática do voluntariado social. Os vigueses poderán contemplar estas obras ata o vindeiro 25 de xaneiro. O horario da mostra é de luns a venres, entre as 18:00 e as 21:30 horas, os sábados entre as 11:00 e 14:00 e as 18:00 e 21:30 horas, e os domingos entre as 11:00 e as 14:00 horas.
Vigo, 8 de xaneiro de 2004
Descargar todas as imaxes