Escoitar

O Concello cederá ó Sergas os terreos para a inmediata construcción de 3 centros de saúde na cidade e buscará a ubicación do futuro carto hospital de Vigo

Así o anunciou hoxe a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, tra-la reunión que mantivo co conselleiro de Sanidade, Xosé María Hernández Cochón. Os centros de saúde construiránse no Calvario, A Seara e no entorno da rúa Cuba, e para o hospital, o Plan Xeral contempla un terreo na estrada á Universidade, entre Beade e Castrelos, que Corina Porro considera "un dos espacios mais idóneos"

martes, 13 xan 2004
1074006594sergas.jpeg
Corina Porro co conselleiro de Sanidade, Xosé María Hernández Cochón
No encontro que mantiveron, a alcaldesa entregoulle ó conselleiro de Sanidade un borrador coas posibles ubicacións dos novos centros de saúde que a consellería proxecta construir de inmediato na cidade: un na zona do Calvario, outro na Seara e un terceiro no entorno da rúa Cuba. Para a construcción do futuro carto hospital de Vigo, Corina Porro sinalou que na estrada á Universidade, entre Beade e Castrelos e a dous kilómetros de Pereiró, o Plan Xeral contempla "un dos espacios mais idóneos para ubica-lo carto hospital". O conselleiro de Sanidade sinalou neste senso que a construcción do futuro carto hospital de Vigo "dependerá de cando esté finalizado o plan de urbanismo".

En canto os novos centros de saúde para Vigo, o conselleiro indicou que as obras comezarán "tan pronto dispoñamos dos terreos". Hernández Cochón anunciou ademais a intención da consellería de "buscar unha solución ó centro de saúde que se vai construir en Bouzas para que de servicio a zonas coma Navia e alivie a presión do centro de Coia". Ademais, avanzou a construcción, a medio prazo, de novos centros de saúde en Mantelas e Carballa.

Vigo, 13 de xaneiro de 2004
Descargar todas as imaxes