Concello e Zona Franca constitúen a sociedade mixta "Vigo 2005" para mellorar a cidade con vistas á Volta ó Mundo de Vela
Rematar co abandono de moitas das zonas da cidade, recupera-lo litoral ou darlle un púlo ó Casco Vello son algúns dos obxectivos desta sociedade, que se marca coma horizonte saída de Vigo, en novembre de 2005, da "Volvo Ocean Race"
Así o anunciaron onte a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e mailo delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca, Pablo Egerique, tras un encontro de traballo ó que asistiron tamén técnicos do Concello e da Zona Franca. "Vigo 2005" nace coma unha sociedade mixta, na que non se descarta a participación doutros organismos e a esponsorización de empresas. “Tratase dunha aposta a curto prazo cunha serie de actuacións de rexeneración e potenciación para o futuro de Vigo que ten coma horizonte a saída de Vigo, en novembre do ano 2005, da Volta ó Mundo de Vela”, sinalou a alcaldesa, quen citou o impulso de zonas coma o Casco Vello e do litoral entre as actuacións que se van levar a cabo. “Os socios serán o Concello de Vigo e Zona Franca, aínda que logo, a sociedade poderá abrirse a outras entidades, tanto públicas coma privadas”, aclarou a alcaldesa, para quen é fundamental buscar fórmulas de consenso para sacar adiante proxectos tanto de mantenemento da cidade coma grandes proxectos de recuperación”. Corina Porro manifestou ademais que "Vigo 2005" “podería ser un primeiro paso para outro "Vigo 2010"”
Vigo, 9 de xaneiro de 2004
Vigo, 9 de xaneiro de 2004