Escoitar

Programacion de inverno do "Súbete ó Castro"

A concellería de Xuventude pon en marcha unha nova programación para os meses de xaneiro e febreiro do "Súbete ó Castro" que consiste en cursos de música , xogos e ofimática.

xoves, 15 xan 2004
1074173753Cibercastro.jpg
Actividade do Cibercastro
No local de Castroconcertos os grupos musicais poden realizar ensaios e impártense cursos de batería, técnica vocal, guitarra eléctrica e baixo eléctrico.

No Cibercastro continúan como actividades permanentes internet, chat e xogos, punto de información xuvenil, revistas xuvenís e comiteca, biblioteca virtual e programoteca freeware,
pinta os teus bocetos, dardos, xadrez e xogos de mesa

Neste mesmo espacio impártense tamén cursos de iniciación de deseño de páxina web, ofimática básica e mecanografía.

As fins de semana programase skate & roller, liga de dardos electrónicos, xogos de mesa, xogos de inxenio e campionato de xogos na rede.

Os horarios para participar nestas actividades son de luns a xoves de 17 a 21 horas; os venres de 17 a 22 horas e os sábados de 12 a 14 horas e de 17 a 22 horas.
Descargar todas as imaxes

Máis información