Os concelleiros de distrito traballan xa nas súas sedes no Calvario, Coia e Matamá
O Calvario, Coia e Matamá acollen as novas concellerías. María Soledad Polo, Carlos Comesaña e José Manuel Couto incorporáronse os seus novos espacios de traballo
O Calvario, Coia e Matamá acollen as novas concellerías. María Soledad Polo, Carlos Comesaña e José Manuel Couto incorporáronse os seus novos espacios de traballo
O 30 de xaneiro remata o prazo para participar na segunda edición dos premios Cidade de Vigo á Excelencia Hixiénico Sanitaria que convoca a concellería de Sanidade e Consumo. Os premios están destinados ás panaderías, pastelerías e restaurantes coa intención de homenaxear cun selo de calidade aos establecementos cara ao polo público.<br />
A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os cursos sobre "Adestramento da memoria" e "Charlas e tertulias de mulleres" que se impartirán na Casa das Mulleres. Os cursos, de carácter gratuíto, teñen prazas limitadas e o período de inscrición é do 26 de xaneiro ao 13 de febreiro.
A reunión do Consello celebrase o xoves, día 22 a partir das dez de mañá. Na orde do día figuran 9 asuntos entre os que destaca a aprobación inicial do Plan Especial de protección e reforma interior do Casco Vello de Vigo.