A concelleira de Turismo recibe a representantes do sector turístico e comercial
A Concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares, iniciou a pasada semana unha ronda de contactos con representantes do sector turístico e comercial, co obxecto de coñecer máis profundamente a realidade e as necesidades do sector turístico e tamén do sector comercial, íntimamente vencellado ó turismo de cidades que se está a promocionar dende a Concellería.
Lucía Molares reuniuse en primeiro lugar coa Asociación de Comerciantes do Mercado de A Pedra, así como coa Federación de Hostelería para tratar como tema principal a futura remodelación dunha zona turística por excelencia como é a rúa das ostras e o seu contorno.
Con este obxectivo, a Concelleira quixo coñecer de primeira man as necesidades do sector hosteleiro da zona, así como dos comerciantes que operan neste enclave turístico por excelencia.
A zona das ostras e o mercado de A Pedra, un dos lugares máis visitados da cidade xunto coas Illas Cíes, é unha das prioridades de actuación da Concellería de Turismo. A revitalización desta zona, suporá non só un instrumento de dinamización do propio Casco Vello, senón tamén a mellora dun dos principais atractivos turísticos da cidade.
Na actualidade, se ten detectado unha excesiva estacionalidade da demanda turística na zona das ostras, a pesar da enorme potencialidade que ofrece ós visitantes. Por este motivo, a Concellería de Turismo, en colaboración coas asociacións de comerciantes e hosteleiros deste zona, pretende acometer un profundo estudio das necesidades de remodelación da zona, co obxecto de que se poida convertir nun espacio de ocio e compras durante todo o ano.
A gran ventaxa que presenta este recurso turístico é o enorme grado de coñecemento que teñen os turistas que visitan a cidade deste enclave, xa que teñen escoitado falar das famosas ostras ou do mercado de A Pedra e, polo tanto, preguntan específicamente por esta zona e van na procura dela.
Sin embargo, presenta unha serie de carencias ou deficiencias que fan dificíl o seu disfrute durante todo o ano e, por este motivo, a Concellería de Turismo e Comercio ten encargado un estudio de viabilidade e un proxecto para determinar qué actuacións urbanas serán necesarias para paliar estes problemas.
A pretensión da Concellería de Turismo e Comercio, por tanto, é realizar un estudio no que se expoñan todas as deficiencias da zona, que non permiten na actualidade o pleno disfrute durante todo o ano. Como consecuencia do estudio, realizarase un proxecto no que se definirán as actuacións necesarias para solventar as carencias actuais como a existencia de zonas infrautilizadas, a dificultade dos accesos, a precaria sinalización da zona.
Segundo a Concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares: "Pretendemos poñernos a traballar entre todos para convertir a zona das ostras e do Mercado da Pedra nun escaparate para a cidade, tendo en conta que á nosa cidade chegan ademais máis de 80.000 persoas ó ano procedentes de cruceiros que se atopan en primeiro lugar con esta zona. Trátase de realizar un estudio que nos permita coñecer os puntos débiles, co obxecto precisamente de fortalecer as potencialidades que ten este coñecido enclave. Queremos ser prudentes e, por tanto, calquera iniciativa de intervención urbana nesta zona emblemática estará fundamentada nos estudios rigurosos e no consenso entre as partes implicadas no proxecto."
O Concello de Vigo ten encargado xa o estudio de viabilidade e o proxecto que se prevé estea rematado en aproximadamente dous meses. No proxecto se incluirán as propostas concretas de actuación, un programa de execución dos traballos, así como o custo total do proxecto.
Por outra parte, a Concelleira de Turismo e Comercio, tamén se reuniu coa directiva da Asociación de Comerciantes de Príncipe, quen lle expuso a idea que ten a asociación de construcción dunha marquesiña para a rúa do Príncipe, que permita o paseo pola zona incluso en inverno.
Neste sentido, a Concelleira de Turismo quixo coñecer os pasos dados pola asociación ata o de agora e se comprometeu a estudiar a proposta da asociación. En todo caso, Lucía Molares insistiu diante da Asociación de Comerciantes de Príncipe na trascendencia que supón a execución dun proxecto destas características e, polo tanto, lles trasladou a necesidade de que exista un diálogo fluido entre todos os axentes sociais e institucións para debatir o proxecto, acadando o maior consenso posible antes de levar a cabo esta iniciativa.
A Concellería de Turismo e Comercio pulsará a opinión, por tanto, de entidades como a federación veciñal, asociacións de comerciantes do entorno, asociacións de empresarios, etc., antes que leve a cabo o concurso de ideas.