Cursos da Concellería da Muller<br />
A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os cursos sobre "Adestramento da memoria" e "Charlas e tertulias de mulleres" que se impartirán na Casa das Mulleres. Os cursos, de carácter gratuíto, teñen prazas limitadas e o período de inscrición é do 26 de xaneiro ao 13 de febreiro.
"Charlas e tertulia de mulleres" é un curso de lecer e aprender, a través do debate e a actualización de temas de interese para as mulleres participantes: a psicoloxía da muller, o emprego hoxe, a resolución de conflictos, a violencia, os medios de comunicación, a saúde e a calidade de vida , có obxectivo de crear un espacio de reflexión sobre a condición das mulleres na sociedade. As destinatarias son mulleres maiores de 18 anos. O curso ten unha duración de 30 horas. Horario: os martes de 17:30 a 19:30 h. Período: do 17 de febreiro ó 8 de xuño de 2004.
"Adestramento da memoria" é un curso para traballar aquelas capacidades que se van perdendo e que mediante unha estimulación axeitada podemos recuperalas e mesmo mellorar. Destinatarias: mulleres maiores de 40 anos. Duración: 30 horas. Horario: os xoves de 17:45 a 19:45 h. Período: do 19 de febreiro ó 10 de xuño de 2004.
As inscricións realizaranse na oficina da muller, 1ª planta do Concello de Vigo, Tfno. 986 810284, en horario de 8:00 a 15:00 h. Prazo de inscrición: do 26 de xaneiro ó 13 de febreiro, ambos inclusive. Lugar de celebración dos cursos: Casa das Mulleres, rúa Romíl, 20-baixo.36202 VIGO.
Descargar todas as imaxes