Convenio para o "punto informa"

luns, 14 mar 2005

Dito convenio, que supón un orzamento de 18.390 euros, vai dirixido ao mantemento do punto de información ás mulleres de Coia e para a creación dun obradoiro de "Expresión Vital e Formación Teatral" que axude á integración das mulleres maltratadas.

Novos cursos da concellería da Muller

xoves, 3 feb 2005

A concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os cursos de "Achegamento á Informática", "Achegamento a Internet" e "Obradoiro de Escrita Creativa" que subvenciona o servizo de Normalización Lingüística do Concello.