mércores, 26 out 2005
A Concellaría da Muller ofrece a partir de novembro, dentro do seu programa "Vivir en parella é cousa de 2", varios cursos específicos para homes, para mulleres e mixtos co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade nas tarefas do fogar e a comprensión entre sexos. O prazo de inscrición está aberto ata o día 3 do mes que vén.
venres, 21 out 2005
Concello e Universidade asinaron hoxe un convenio para realizar un curso de extensión universitaria denominado "Dereito penal e muller a través do cine" que terá lugar en Vigo os días 4,11, 18 e 25 de novembro.
xoves, 20 out 2005
O prazo de inscrición para o cursos "Repuxado en coiro" e "Museos en ruta", da Concellaría da Muller, continúa aberto ata os días 24 e 25 deste mes, respectivamente. A inscrición pode realizarse a través dos teléfonos das asociacións en cuxos locais se desenvolverán estes cursos.
mércores, 19 out 2005
A vogalía da Muller da Asociación Veciñal "Val do Fragoso", organiza a IX Edición, do Certame de Fotografía Feminina "Ollada de Muller", no marco do mes cultural da muller 2005. O Certame está subvencionado pola concellería de Muller e o prazo para a entrega das fotografías remata o vindeiro 18 de novembro.
venres, 14 out 2005
"Por un espazo persoal propio" é o título das XIII Xornadas das Mulleres Veciñais de Vigo que se celebrarán os días 18,19 e 20 de outubro no Centro Cultural Caixanova e que presentou hoxe venres a concelleira da Muller, Lucía Molares e que están organizadas pola Federación Veciñal Eduardo Chao.
martes, 11 out 2005
O 17 de outubro, día internacional da pobreza, a Marcha Mundial da Mulleres ten previsto realizar a nivel mundial unha xornada de solidariedade, coincidindo coa chegada da Manta da Solidariedade e a Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade á cidade africana de Ouadagoudou (Burkina Faso). A nosa cidade tamén desenvolverá actividades para ese mesmo día.<br />
luns, 10 out 2005
A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou hoxe luns o III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2005-2007. Segundo Lucía Molares, este plan ten como obxectivo a "igualdade real", que "en teoría temos asumido pero na práctica está lonxe de alcanzarse".
mércores, 28 set 2005
A partir do luns 3 de outubro e ata o día 14 do mesmo mes, as mulleres maiores de idade poden inscribirse no obradoiro "Muller e Comunicación", que o Concello organiza como ferramenta para o desenvolvemento persoal, social e laboral a través da mellora das habilidades comunicativas.
martes, 20 set 2005
A Concellería da Muller , en colaboración coas vogalías da muller das asociacións veciñais, organiza un ano máis o programa municipal de cursos participativos "Eu tamén sei", destinados á adquisición de novos coñecementos por parte das mulleres.
luns, 29 ago 2005
A Corporación municipal reuniuse na praza do Concello para gardar un minuto de silencio polas víctimas de violencia de xénero que morreron este fin de semana.