Concentración silenciosa pola morte acontecida en Oviedo
mércores, 24 ago 2005A Corporación municipal reuniuse na praza do Concello para gardar un minuto de silencio pola víctima de violencia de xénero que morreu onte en Asturias.
A Corporación municipal reuniuse na praza do Concello para gardar un minuto de silencio pola víctima de violencia de xénero que morreu onte en Asturias.
A Casa das Mulleres (rúa Romil 20) acolle do 26 ao 29 de xullo a exposición "A muller minusválida, cidadá invisible", organizada pola asociación "Inclusión" e na que participan a fotógrafa Marta Salorio e as pintoras Paula Tomé e Conchita Bordello.
A concelleira da Muller, Lucía Molares, reuniuse na mañá do mércores, coas persoas que realizaron prácticas profesionais nos servizos municipais da muller do curso "Máster en educación en igualdade de xénero e políticas de igualdade", froito dun convenio asinado recentemente entre o Concello e a Universidade de Vigo.
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinaron hoxe martes un convenio de colaboración para o mantemento dos servizos da casa de acollida e do piso tutelado cos que conta o noso Concello, para a atención das mulleres maltratadas, dos seus fillos e doutras persoas que dependen delas.
A concelleira de Muller, Lucía Molares, participa en Florencia nun encontro internacional cos socios do proxecto transnacional URB-AL "Centros Locais da cidadanía activa das mulleres", que se celebrará os días 30 de xuño e 1 de xullo.
A Concellaría da Muller continuando coa liña desenvolvida durante os últimos anos de enviarlles aos centros de ensino materiais coeducativos co fin de promover a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e contribuír a sentar as bases dunha sociedade máis xusta e igualitaria para todos/as, organiza unha charla dirixida ao alumnado de 4º da ESO.
A exposición recompila os traballos resultantes do programa de cursos e obradoiros que a concellería de Muller realiza a través das diferentes asociacións ou vocalías de Muller da cidade. A mostra estará composta por unha exposición no Círculo Mercantil e varios obradoiros ao aire libre.
A asociación rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo está a organizar un curso de formación de mediadoras para mulleres e homes que queiran colaborar na loita contra a violencia de xénero.
A exposición recompila os traballos resultantes do programa de cursos e obradoiros que a concellería de Muller realiza a través das diferentes asociacións ou vocalías de Muller da cidade. A mostra estará composta por unha exposición no Círculo Mercantil e varios obradoiros ao aire libre.