martes, 18 xan 2005
A Praza do Rei foi escenario este mediodía dunha manifestación silenciosa contra a violencia doméstica, que segou a vida de dúas mulleres nos últimos días.
xoves, 13 xan 2005
Membros da corporación e cidadáns de Vigo mostraron este mediodía o seu rechazo aos últimos asasinatos por violencia doméstica cunha manifestación silenciosa na Praza do Rei.
mércores, 15 dec 2004
Concelleiros e cidadáns de Vigo acudiron este mediodía á manifestación silenciosa que tivo lugar na Praza do Rei para manifestaren o seu rechazo ás mortes por violencia de xénero que se produciron nestes días. A convocatoria deste acto de protesta acordouse no Pleno da Corporación Municipal.
luns, 13 dec 2004
O xoguete máis caro non ten por que ser o máis conveniente. Partindo deste premisa, e co lema "¡Elixe ben os xoguetes! Merca menos, escolle mellor", a Concellería de Muller quere aconsellar os vigueses para que este Nadal lles compren aos máis pequenos xoguetes educativos e que favorezan a imaxinación dos nenos e das nenas e a igualdade entre sexos.
venres, 26 nov 2004
O proxecto da Mancomunidade "Conta con elas" acadou a aprobación do Fondo Social Europeo e recibirá unha subvención de 2,7 millóns de euros.
luns, 22 nov 2004
Coa pegada de máis dunha trintena de carteis na Lonxa de Vigo, a iniciativa pretende concienciar á sociedade da relación que a miúdo se produce entre estes dous elementos.
venres, 19 nov 2004
A concelleira Lucía Molares presentou a duodécima edición destas xornadas xunto coa responsable da vocalía de Muller da Federación Veciñal "Eduardo Chao", Mercedes Penabella. Ambas resaltaron a importancia do último día ao concidir co Día Internacional contra a violencia de xénero.
mércores, 3 nov 2004
O noveno Encontro Sindical de Mulleres terá lugar mañá no salón de actos do Hotel Lisboa. Os temas principais que se tratarán serán a prevención de riscos, as condicións laborais nos sectores máis feminizados e a lexislación vixente nos períodos de xestación e lactancia.
martes, 5 out 2004
O Concello convocou a tódolos vigueses nun acto silencioso de rechazo polas mortes de dúas mulleres en Sevilla e Valencia.
martes, 28 set 2004
O certame de arte e recital-concerto tendrá lugar o próximo xoves día 30 de setembro, dentro da campaña "Eu non son cómplice", correspondente ao plan de acción municipal contra a violencia de xénero. Na organización deste acto colaboran as asociacións de comerciantes Vigo Vello e Zona Centro.