Concentración ás portas do Concello en protesta pola morte dunha xoven en Bilbao
martes, 28 set 2004A morte dunha xoven a mans do seu ex compañeiro en Bilbao provocou unha manifestación de repulsa hoxe ás doce da mañá nas portas do concello.
A morte dunha xoven a mans do seu ex compañeiro en Bilbao provocou unha manifestación de repulsa hoxe ás doce da mañá nas portas do concello.
O luns 27 de setembro abre o prazo para a incrición no programa de actividades de formación e animación sociocultural "Eu tamén sei", que remata o domingo 10 de outubro e poderá realizarse nas diferentes asociacións e vogalías da muller de Vigo. Dito prazo corresponde ó primeiro cuatrimestre e engloba os cursos a impartir entre o 18 de outubro e o 19 de febreiro.
A concellería da Muller, presidida por Lucía Molares, ven de colaborar na publicación dunha guía de linguaxe non sexista co fin de promover a igualdade entre homes e mulleres dende a educación. Trucos e recomendacións a ter en conta para rematar coas barreiras que separan a ambos sexos na vida cotiá.
O Consello reclama que o Estado tome partido no asunto para por fin aos malos tratos, fronte á actitude do Consello Superior do Poder Xudicial que denuncia a Lei Integral contra a violencia de xénero "alegando que vulnera os dereitos dos delincuentes".
A Xunta de Goberno Local de Vigo na sesión ordinaria do 28 de xuño de 2004, acordou a aprobación das bases do concurso de ideas para a elaboración e desenvolvemento de proxectos e actividades para o programa de formación e animación sociocultural da concellería da muller 2004-2005
O luns produciuse dúas novas mortes por violencia de xénero en Murcia en na Comunidade de Canarias. En cumprimento dos acordos do Pleno da Corporación municipal, convocouse unha concentración silenciosa que se celebrarou hoxe, martes, día 6 de xullo, ás 12,00h., na Praza do Concello.
A praza do Rei foi, unha vez máis, símbolo de unión e solidariedade contra o maltrato ás mulleres.
Cerca de 30.000 mulleres de toda Europa participaron o domingo na Marcha Mundial das Mulleres que este ano celebrouse na cidade de Vigo. A partir das 12,00 da mañá a Praza de España da cidade olívica foi o lugar de saída para participar nesta mobilización que contou coa participación de mulleres provenientes de toda Europa (Italia, Serbia-Montenegro, Francia, Portugal, Suíza, Holanda, Grecia, e Bélxica) así como de toda España (Euskadi, Galicia, Cataluña, Madrid, Toledo, Sevilla, Valladolid, etc). Tras unha hora e media de marcha polas principais rúas de Vigo, baixo o lema "Diferentes si, desiguais non" a marcha concentrouse na Praza de América para dar paso, unha vez que chegaron tódolas participantes, ás intervencións.
A Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres decidiu celebrar na Galiza a mobilización europea do 2004. En concreto será a cidade de Vigo a que durante os días 22 e 23 de maio acolla todas as actividades desta mobilización, que van moito máis alá dun simple encontro de mulleres. Mulleres procedentes de toda Europa estarán na nosa cidade baixo o lema da mobilización "Diferentes si, desiguais non".
A coordinadora da Marcha Mundial das Mulleres inaugura na tarde do día 18 a exposición "Clónicas" na Casa das Artes de Vigo. Esta exposición, que forma parte das actividades previas á mobilización europea do 22 e 23 de maio, estará aberta ate o 20 de xuño.