A Marcha Mundial das Mulleres organiza un programa de actividades lúdicas

venres, 7 mai 2004

O cine-teatro FragaCaixaGalicia acollerá unha serie de actividades lúdico-festivas nas que se inclúen obras de teatro, proxeccións de cine e concertos levados a cabo por mulleres de recoñecido prestixio. A programación, baixo o título "Maio a toda marcha", enmárcase nas accións que A Marcha Mundial das Mulleres está a desenvolver neste mes con motivo da mobilización que terá lugar o días 22 e 23 de maio en Vigo e que espera congregar a miles de mulleres de toda Europa.

Inauguración da exposición "Mans creativas 2004"

mércores, 5 mai 2004

A concelleira da Muller, Lucía Molares, asiste á inauguración da exposición de traballos de mulleres que participan no programa municipal "O noso tempo" que se amosa nos locais da Federación Veciñal Eduardo Chao os días 6,7,8 e 9 de maio.

Cursos da Concellería da Muller

mércores, 21 abr 2004

A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os cursos, de carácter gratuíto, "Orientacións para buscar emprego" e "Nós tamén en inglés".

Concello e Federación de Veciños informan ás mulleres sobre a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia

luns, 5 abr 2004

A concelleira delegada da área de Muller, Lucía Molares, e maila presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, Elena González, asinaron hoxe un novo convenio co que se renova o "Punto Informa", un punto de atención ás mulleres ubicado nos locais da federación vecinal que ofrece información xeral de interese a favor da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero.

II premio de investigación "Festa da Palabra" 2004

luns, 15 mar 2004

A concellería da Muller e a Asociación "Feministas Independentes Galegas" convocan o II premio de investigación "Festa da palabra" 2004 co que se pretende mostrar os avances das mulleres nos aspectos sociolóxicos, económicos e culturais, así como a súa contribución á sociedade galega do século XX. O prazo de presentación dos traballo comezou o pasado día 13 de marzo e rematará o 20 de setembro.

O vindeiro luns, día Internacional da Muller, ponse en marcha a campaña "Non máis cómplices da violencia contra a muller"

O Concello quere implicar a toda a sociedade viguesa na campaña contra a violencia de xénero

venres, 5 mar 2004

O Concello de Vigo quere extender na sociedade viguesa unha mensaxe contra a violencia hacia a muller. O vindeiro luns, 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller, o Concello porá en marcha a campaña "Non máis cómplices da violencia contra a muller" coa que pretende que cada sector da sociedade e cada vigués, a título individual, se convirta nun medio de expresión desta campaña.

Remata o prazo para participar nos curso para mulleres "O Noso Tempo"

xoves, 5 feb 2004

O venres, día 6, remata o prazo de inscricións para participar nos cursos do segundo cuatrimestre do programa " O Noso tempo" que organiza a concellería da Muller en colaboración coa vocalía da Federación Veciñas Eduardo Chao e as vocalías e asociacións de mulleres. As actividades van encamiñadas ao fomento do asociacionismo e a participación das mulleres.<br />