Escoitar

Un convenio asinado pola concelleira da Muller permite a difusión dos fondos bibliográficos de Alecrín

A Concellería da Muller asinou un convenio de colaboración para garantir o libre acceso do público ó centro de documentación e biblioteca da asociación Alecrín, que conta con material específico sobre a muller. A aportación do Concello será de 24.000 euros.

luns, 12 abr 2004
1081768947bibliotecaalecrin.jpg
Ana Miguez e Lucía Molares
A Biblioteca e Centro de Documentación de Alecrín reúne, organiza e ofrece ó público unha colección de materiais bibliográficos, gráficos e audiovisuais que permiten a tódalas persoas acceder a unha información actualizada sobre temas específicos da muller.

O servicio é gratuito e aberto a todo o público. Está especializada na documentación sobre mulleres. É a única que existe destas características en toda a comunidade galega. Está integrada na "Red de Centros de Documentación y Bibliotecas de Mulleres" e na "Asociación de Centros de Documentación y Bibliotecas de Mulleres María Moliner" ambas ubicadas en territorio español.

O convenio asinado hoxe entre a concelleira da Muller, Lucía Molares e a presidenta de Alecrín, Ana Miguez, establece que o Centro de Documentación e Biblioteca Alecrín deberá realizar a difusión selectiva da información ó conxunto das asociacións de mulleres de Vigo e ós centros de ensino públicos e artellar un servicio de teledocumentación con temas de interese relacionados coa muller.

O Centro está situado na rúa de García Barbón número 30-5º ofic.8 O horario é de 10,00 a 13,30 e de 16,00 a 20,00 horas , de luns a venres , agás o horario especial de verán que será de 10,00 a 13,30 e de 17,00 a 20,00 horas.
Descargar todas as imaxes