Escoitar

Exposición do Centro de Artesanía Tradicional no Concello de Baiona<br />

A exposición itinerante "A artesanía tradicional. Un patrimonio actual" organizada polo Centro de Artesanía Tradicional do departamento de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo estará exposta na planta baixa do Concello de Baiona durante todo o mes de abril en horario de 9 a 15:00 h.

luns, 12 abr 2004
1081762146sani.jpg
Con esta exposición comeza unha nova etapa de divulgación do CAT que ademais de chegar ás asociacións e institucións de Vigo vai dar a coñecer o patrimonio da artesanía tradicional aos concellos do seu contorno. Cada mes esta exposición, -que foi agora ampliada cun maior número de pezas-, percorrerá os diferentes concellos da nosa provincia e nela poderán verse ademais dos paneis gráficos ilustrados, numerosas pezas realizadas por artesáns especializados con materias primas naturais.

Con esta actividade trátase de achegar este legado patrimonial que representa o conxunto de saberes e técnicas expresadas e transmitidas de xeración en xeración ao público en xeral. Así mesmo o día 16 de abril dende as 11:00 ata as 13:30, no concello de Baiona terá lugar unha demostración sobre alfarería tradicional que correrá a cargo do artesán Tomas López oriúndo da zona de Gundivós (Lugo) na que poderán achegarse todas aquelas persoas que o desexen.
Descargar todas as imaxes