xoves, 15 abr 2004
Do 5 ó 15 de maio terá lugar a terceira edición do Festival Alternativo de Teatro e Danza "Vigo, a outra alternativa" que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural e a asociación Noescafe Teatro , e que presentou hoxe en rolda de prensa o concelleiro, Ignacio López Chaves. Oito compañías traerán a Vigo as súas últimas montaxes realizadas fora dos estereotipos do teatro convencional para darlle paso á experimentación.
xoves, 15 abr 2004
Despois dunhas breves vacacións as actividades de ocio nocturno se desenvolven de novo nas asociacións colaboradoras co programa que dende o pasado mes de marzo leva a cabo a área de Xuventude do Concello de Vigo.
xoves, 15 abr 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, apostou porque Vigo se converta na cidade "máis integradora e acolledora" e prometeu desenvolver políticas que potencien a formación, a integración e a igualdade de oportunidades. A alcaldesa participou hoxe na ofrenda floral que o colectivo Adiquerando realiza tódolos anos para lembrar as víctimas do pobo xitano no xenocidio nazi.