Escoitar

Os Centros de Atención Municipal realizaron 4.622 consultas

Os Centros de Atención Municipal –CAM- atenderon 4.622 consultas de información no seu primeiro ano de funcionamento. Os Centros están situados no Casco Vello, Coruxo e Teis e dependen da Concellería de Participación Cidadá.

mércores, 14 abr 2004
Nos CAM ofrécese un punto de información de índole xeral(tramitación municipal, enderezos de emprego, turismo, teléfonos e enderezos de interese, etc) e ademais emítense volantes de empadroamento e entrega de impresos. Dispoñen tamén duns Centros de Internet Municipal con acceso de balde a internet e realizase a recollida e tramitación de queixas e suxestións.

Os CAM iniciaron o seu funcionamento o mes de abril do ano pasado e co seguinte balance de datos: atención ao público en consultas de información 4.622; recollida e tramitación de queixas 414; suxestións 29; agradecementos 30; altas de dispoñibilidade nos centros de internet 394; altas en avisos a móbiles 14.

Tendo en conta as especiais características dos centros e a dispoñibilidade de espacios de uso común para as asociacións, os horarios dos mesmos son diferentes: CAM do Casco Vello de 10:00 a 13:00 e de 17:30 a 21:30 de luns a venres e de 09:00 a 13:00, os sábados. CAM do Coruxo 09:30 a 13:30 de luns a venres e de 09:30 a 12:30, os sábados. CAM do Teis de 09:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 22:00 os sábados alternos.