A alcaldía publica un bando sobre actos de natureza vandálica e contra as regras de convivencia cidadá
O Bando da Alcaldía lembra que cada vez que unha planta é arrancada, un banco pintado, unha papeleira rota, se está a arrancar, pintar ou rachar o patrimonio de todos os vigueses.A alcaldesa, Corina Porro, solicita a cooperación de todos e todas, para que a cidade sexa o verdadeiro lugar de encontro que queremos as e os cidadás, un espazo común e compartido do que nos sintamos orgullosos.
VIGO, A CIDADE DE TODOS
Vigo é a nosa cidade, a cidade de todos, por iso a tarefa de facer dela un espazo limpo, coidado e confortable é unha tarefa compartida.
O Concello de Vigo está a realizar un importante esforzo por mellorar o contorno urbán e precisa da colaboración das e dos cidadáns para que dese esforzo nos beneficiemos todos. Duns xardíns máis fermosos, de mellores beirarrúas e pavimentos, de rúas máis limpas e coidadas, de parques infantís seguros…
As condutas que provocan danos ao patrimonio público ou perturban as normas máis elementais de convivencia supoñen un atentado contra os dereitos de todos os cidadáns ao uso e goce dos bens públicos, por iso cómpre lembrar a obrigatoriedade do cumprimento das normas e ordenanzas municipais, así como a imposición por parte do Concello das sancións e multas que procedan en caso de incumprimento.
Daquela, lémbrase que non está permitido:
Causar danos as especies vexetais dos parques, xardíns e zonas verdes da cidade: pisando, cortando, podando, ou arrincando plantas, árbores e demais especies vexetais.
Tirar a vía pública ou nos parques e zonas axardinadas, o lixo e calquera tipo de residuos (desperdicios, papeis, botellas, restos forestais, entullos, etc).
Danar o mobiliario urbano: manipular, arrincar, arrastrar, destruír ou calquera outro dano a papeleiras, contedores, bancos, farolas e demais mobiliario.
Colocar carteis e realizar inscricións ou pintadas en paredes, muros, fachadas, farolas, valados, papeleiras e noutros elementos das vías e espazos públicos.
O depósito de excrementos de animais nas beirarrúas, rúas, paseos, xardíns e en xeral calquera lugar de tránsito de peóns, estando obrigada a persoa que o leve á súa limpeza inmediata. Lémbrase que os cans deberán ir conducidos por persoas e provistos de correa, agás nas zonas debidamente acoutadas para eles, e deberán circular polas zonas de paseo dos parques, evitando causar molestias as persoas, achegarse aos xogos infantís, penetrar nas pradeiras de céspede, nos macizos axardinados, estanques ou fontes.
Crearase un dispositivo de seguimento específico da Policía Local para garantir o cumprimento do presente bando da Alcaldía así como das ordenanzas que tipifican as infraccións e regulan as sancións previstas por estas condutas.
Cada vez que unha planta é arrancada, un banco pintado, unha papeleira rota, se está a arrancar, pintar ou rachar o patrimonio de todos os vigueses. Por iso solicítovos a vosa cooperación, para que a cidade sexa o verdadeiro lugar de encontro que queremos as e os cidadás, un espazo común e compartido do que nos sintamos orgullosos.
Vigo, 13 de abril de 2004
A ALCALDESA
Asdo. Corina Porro