Aprobada a intervención arquitectónica e de conservación sobre o xacemento de villa romana de Toralla
A Xunta de Goberno Local acordou aprobar o proxecto de musealización da villa romana de Toralla na primeira fase de intervención arquitectónica e de conservación e restauración sobre o xacemento, redactado polo arqueólogo da Universidade de Vigo , Fermín Pérez Losada.
O proxecto describe as accións de restauración, rehabilitación e reconstrucción das ruínas da villa romana necesarias para a súa correcta conservación, contemplación e interpretación por parte del público. Incorporase tamén no seu contido técnico e económico ó proxecto arquitectónico das obras de musealización da villa redactado polos arquitectos Salvador Fraga, Manuel Portolés e Javier García Quijada.
A existencia do xacemento arqueolóxico da villa romana de Toralla é coñecida dende principios do século XX a partir das exploracións arqueolóxicas realizadas pola familia Mirambell, daquela propietaria da finca. No ano 1992 realizáronse as primeiras intervencións de arqueoloxía científica sobre o xacemento coa execución dun amplo proxecto de sondaxe en todo o ámbito da finca. Nos anos 93 e 04 seguiron dúas intervencións mais na área que puxeron o descuberto os restos dunha villa romana dos séculos III e IV despois de Cristo.
A importancia histórica e cultural dos restos aparecidos, así como a súa privilexiada situación nun marco de alta potencialidade paisaxística e cultural, levou ó Concello a establecer distintos mecanismos de protección e a vontade de poñer en valor as ruínas para convertelas nun elemento singular no patrimonio cultural da cidade que servise como referente para a interpretación dese relevante momento da historia da cidade.
Descargar todas as imaxes