Escoitar

Programación infantil das ludotecas de Vigo para esta Semana Santa

O mes de abril iníciase nesta ocasión coas vacacións de Semana Santa para os rapaces e rapazas da cidade, e para o aproveitamento destes días, as ludotecas teñen preparado unha programación variada segundo o centro ó que se acuda.

mércores, 7 abr 2004
As ludotecas da Casa da Xuventude e Coia abrirán pola mañá entre as 10:30 e as 13:30 o luns, martes e mércores, ademais de no seu horario habitual das tardes. En Coia dedicarán parte do programa á chegada da primavera con obradoiros relacionados coa natureza ambientados na vida na selva: construcción de chozas, instrumentos e utensilios. Haberá aventuras en forma de xogo coma o "Jumanji" ou a "Procura do tótem" e incluso os socios e socias farán unha saída ó parque de Castrelos con xantar comunitario e xogos ó aire libre.

A animación á lectura será o tema en torno ó que xiren as actividades na ludoteca da Casa da Xuventude, e ademais da celebración do día do libro, farán semanalmente unha reflexión sobre un conto diferente. A visita programada será á biblioteca e entre outras actividades tamén contan con teatro, xogos ambientados e obradoiros diversos coma encadernación e outros arredor do mundo literario.

Lavadores que abrirá as portas as tardes de Semana Santa, dedica tempo ós medios de comunicación , coñecendo este mundo a través de actividades coma a confección dun "ludoxornal" e o análise dun programa de TV ou á radio. Como complemento á programación a celebración da chegada da primavera coa decoración da ludoteca e o recuncho de educación vial permanente así coma a información ós pais e nais.

Na ludoteca de integración "hoxe por mañá" tamén realizarán actividades nas tardes de vacacións, e o farán en torno á Semana Santa, coa elaboración de palmas e degustación de postres típicos se é posible. Tamén celebrarase a Feira de Abril e haberá actividades dedicadas á auga, como obradoiros nos que se explica o seu ciclo e construcción de muíños ou outras manualidades educativas. Para rematar "A bela durminte" será o conto que ambiente a actividade de animación á lectura, que se completa cunha representación teatral.

Coruxo é a único centro que permanece pechado nas vacacións ó funcionar dentro dun colexio público, pero para despois de Semana Santa teñen preparado un abano de actividades relacionadas co mundo televisivo e tamén co ano Xacobeo, enfocados ambos os dous temas de xeito educativo. O desenvolvemento do programa inclúe xogos, obradoiros manualidades con maquetas e elaboración de traxes e outros.

Máis información na Casa da Xuventude no teléfono 986 294 806