Mais de 2.600 persoas visitaron a exposición "Castrelos Inédito" dende a súa inauguración, o 9 de marzo
Un total de 2.624 persoas visitaron a exposición "Castrelos Inédito. Obras na reserva do museo municipal de Vigo 1950-2000" dende a súa inauguración, o pasado 9 de marzo.
A mostra, que se expone na Casa das Artes e que tiña prevista a súa clausura o 11 de abril, poderá contemplarse ata o vindeiro 2 de maio. O Concello decidiu prolongar esta exposición durante tres semanas máis.
Esta mostra, primeira dunha serie de dúas, pretende dar a coñecer ó público as obras de arte do museo municipal "Quiñones de León" menos coñecidas por atoparse nas salas de reserva do museo ou depositadas como préstamo a outras institucións viguesas. A selección foi realizada polos especialistas en arte e no museo de Castrelos, o pintor Antonio Quesada e o crítico Francisco Pablos.
Nesta primeira exposición presentase máis de 100 obras de arte, tanto pintura como escultura, producidas en Galicia durante a segunda metade do século XX. Podense ver pezas dunha amplísima nómina de artistas. Estas obras proceden do propio museo municipal de Castrelos, do Concello, e dos depósitos do Marco, da Universidade de Vigo, da Fundación Provigo e do Instituto Santa Irene.
A segunda exposición abranguerá a formación da pinacoteca cos autores máis representativos na primeira metade do século XX en Galicia.
Vigo, 6 de abril de 2004
Descargar todas as imaxes