luns, 5 abril 2004

Concello e Federación de Veciños informan ás mulleres sobre a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia

luns, 5 abr 2004

A concelleira delegada da área de Muller, Lucía Molares, e maila presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, Elena González, asinaron hoxe un novo convenio co que se renova o "Punto Informa", un punto de atención ás mulleres ubicado nos locais da federación vecinal que ofrece información xeral de interese a favor da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero.

O Servicio Municipal de Patrimonio Histórico rescatará mañán unha columna de posible orixe romana da zona intermareal da praia de Carril en Alcabre

luns, 5 abr 2004

Tras o aviso recibido polo veciño da parroquia de Alcabre D. Xosé Antón Comesaña, o Servicio Municipal de Patrimonio Histórico realizará mañán, día 6 de abril, ó rescate do mar, na zona intermareal da praia do Carril, dunha columna pétrea cilíndrica de grandes dimensións, de orixe posiblemente romana, semellante a outra xa rescatada no mesmo lugar polo Concello hai agora un ano, tamén descuberta polo citado veciño. O rescate realizarase ás 11,20 horas, aproveitando a baixamar viva a esa hora.