Escoitar

A Xunta de Goberno Local aproba un convenio con Cáritas Diocesana para a inserción integral do pobo xitano e cigano

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto de convenio con Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para a execución de proxectos de intervención social integral para a atención e prevención da marxinación e inserción do pobo xitano e cigano que reside na cidade, que terá vixencia ata finais de ano.

luns, 5 abr 2004
1081168458chema.JPG
José Manuel Figueroa
Neste sentido, a xunta deu luz verde a unha achega de 87.674 euros (6.000 máis que o pasado ano), a Cáritas Diocesana para a execución do proxecto, do que destacan dúas actividades concretas: a inserción integral do pobo xitano e minoría cigana. No mesmo analizase a situación actual, a xustificación do proxecto, os destinatarios e as liñas de acción sobre 148 membros das 37 familias ciganas. Así mesmo, sinálanse os obxectivos e actividades para o pobo xitano, divididos fundamentalmente en atención socio-familiar, apoio e seguimento escolar e ocio e tempo libre.

Por outra banda, a xunta de Goberno local decidiu tamén prorroga-lo contrato do servicio de atención telefónica ós cidadáns a través do teléfono 010 por periodo dun ano, tal e coma establece o prego de cláusulas administrativas.

Asi mesmo, aprobouse unha proposta de acordo das seccións sindicais do concello e mailos concelleiros delegados das áreas de Seguridade e Persoal para reorganiza-la xornada estructural do servicio de extinción de incendios e salvamento.
Descargar todas as imaxes