Escoitar

Concello e Federación de Veciños informan ás mulleres sobre a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia

A concelleira delegada da área de Muller, Lucía Molares, e maila presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, Elena González, asinaron hoxe un novo convenio co que se renova o "Punto Informa", un punto de atención ás mulleres ubicado nos locais da federación vecinal que ofrece información xeral de interese a favor da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero.

luns, 5 abr 2004
1081168347molares.JPG
Lucía Molares e Elena González
No "Punto Informa", ó que o Concello aporta 9.600 euros en concepto de axuda para o seu mantemento, as mulleres poderán informarse tamén das actividades e servicios especializados en muller que hai na nosa cidade, así coma das súas condicións de acceso. A denuncia de malos tratos e a detección de casos serán parte tamén das súas funcións e, cando sexa necesario, realizarán derivacións ós diversos servicios públicos para que as mulleres que o precisen reciban o asesoramento profesional oportuno.

Este punto de atención estará ubicado nos locais da federación de veciños, na praza da Princesa, 7, e permanecerá aberto durante dous horas diarias de luns a venres.
Descargar todas as imaxes