Escoitar

Reunión da Xunta de Goberno Local

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 12 de abril de 2004, para resolver os asuntos da devandita relación.

mércores, 7 abr 2004
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 12 DE ABRIL DE 2004.


BENESTAR SOCIAL
1.- Prestación do Servicio de Axuda no Fogar: alta exptes. 15/52933, 5/15708 e 5/15908.


DEPORTES
2.- Solicitude do Servicio de Deportes da Universidade de autorización para celebrar o Campionato Galego Universitario de Carreiras de Orientación o 17.04.04 no Monte do Castro. Expte. 4382/333. Estimada.

3.- Solicitude da Agrupación deportiva RP3 de autorización para realiza-lo V Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike os días 17 e 18 de abril de 2004 nos montes de Coruxo. Expte. 4380/333. Estimada.


EMPREGO
4.- Procedemento de selección do equipo técnico do programa de contratación para a inserción denominado "Programa Bial". Expte.2268/077.


FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
5.- Datas da Semana Grande das Festas de Vigo para o ano 2004: do 25 de xullo ó 1 de agosto. Expte. 951/335.

6.- Bases de participación no X Festival Folclórico Internacional "Concello de Vigo". Expte. 938/335.

7.- Bases do VIII Concurso de carteis "Festas do Cristo da Victoria". Expte. 935/335.

8.- Proposta de anulación de saldos pendentes de cobro do Presuposto de Ingresos (exercicios pechados) correspondentes a subvencións e liquidacións. Expte.4/2004.


NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
9.- Indemnización substitutoria por importe de 870 € a favor de RP3 pola campaña de normalización "Mercamos e vendemos en galego". Expte. 352/334.

PATRIMONIO HISTÓRICO
10.- Proxecto de musealización da villa romana de Toralla, 1ª fase: intervención arquitectónica e de conservación-restauración sobre o xacemento. Expte. 2192/307.


RECURSOS E ASESORAMENTO
11.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Santiago de Compostela no r.c.a. nº 126/2002 interposto polo CONCELLO DE VIGO contra Augas de Galicia en relación coa caducidade da concesión hidroeléctrica "Salto de Vilán". Desestimado.

12.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Santiago de Compostela no r.c.a. 116/2002 interposto polo CONCELLO DE VIGO contra Augas de Galicia en relación coa instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no río Oitavén. Estimado parcialmente.

13.- Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Santiago de Compostela no r.c.a. 115/02 interposto polo CONCELLO DE VIGO contra Augas de Galicia en relación coa caducidade da concesión hidroeléctrica "Salto de Aranza". Desestimado.


TESOURERÍA
14.- Dar conta da anulación de providencias de constrinximento sobre liquidacións por infraccións urbanísticas. Expte. 1679/700.

URBANISMO
15.- Rectificación do acordo nº 41 da Xunta de Goberno do 22.03.04 "Solicitude de exención no cumprimento do retiro frontal en Ordenanza 1.3.D". Expte. 8776/411.

16.- Proxecto de obra de urbanización para realizar entre a praza e a rúa Couto no ámbito do PERI I-05 da Praza Elíptica. Expte. 951/400.

17.- Recurso de reposición contra a aprobación definitiva do Proxecto de Bases e Estatutos da U.E. IV do Peri IV-05 Aragón-Travesía de Vigo. Expte. 4441/401. Estimado parcialmente.


VIAS E OBRAS
18.- Proposta de aprobación do presuposto das obras de adaptación á normativa vixente do túnel de acceso ó Porto de vigo e melloras do túnel de Beiramar.

19.- Rogos e preguntas.