O proxecto Dummie trata de concienciar á mocidade sobre a condución segura
O lema da campaña é Non sexas dummie, controla o que bebes e encádrase na celebración do Día Mundial da Saúde, centrado este ano nos accidentes de tráfico, e desenvolverase, entre outros, no Concello de Vigo
O titular do Executivo autonómico presentou esta mañá en Santiago o Proxecto Dummie, Voluntariado de Seguridade Vial, promovido pola Consellería de Familia e que tenta concienciar, sobre todo ao colectivo dos máis novos, sobre as vantaxes dunha condución segura. Ó acto acudiron a ministra de Sanidade en funcións, Ana Pastor; o director xeral de Tráfico, Carlos Muñoz Repiso Izaguirre; e os conselleiros de Sanidade, Xosé María Hernández Cochón e de Familia, Pilar Rojo Noguera, así coma a concelleira Lucía Molares, xa que esta campaña se desenvolverá nos concellos das sete grandes cidades de Galicia.
O Proxecto Dummie, para o que a Xunta conta co apoio da Dirección Xeral de Tráfico e co patrocinio do Ministerio de Sanidade e Consumo, neste ano encadrado no binomio Saúde e Tráfico.
A iniciativa consta dunha dobre vertente. Dunha banda, a través da acción de voluntarios en contacto directo cos mozos e mozas en situación potencial de risco, é dicir, á saída de discotecas e pubs e, pola outra, cunha campaña de publicidade reclamando o compromiso dos medios de comunicación cara ao éxito da iniciativa. Trátase de transmitir ao maior número de rapaces galegos a preocupación xeral por unha condución segura.
Os voluntarios desenvolverán o seu labor nunhas carpas que estarán situadas en localidades con gran ambiente nocturno, entre as 23:00 horas e as 04:00 da madrugada. Os mozos que se acheguen aos denominados "postos de control" recibirán información audiovisual e cubrirán un test sobre malos hábitos fiticios de xeito que se poida chamar a súa atención respecto ós perigos que estos ocasionan. Ademais terán a oportunidade, sempre voluntariamente, de facer un test de alcoholemia para que coñezan o seu estado, todo sen ningún tipo de suxestión, nin coacción.