O servicio 010 atendeu mais de cen mil chamadas
A Concellería de Participación Cidadá presentou o balance do servicio da atención telefónica 010 que recibiu o ano pasado 108.235 chamadas o que supón un incremento do 6,17 por cento con respecto o anterior balance. Este servicio ofrece respostas ás queixas, suxestións e preguntas formuladas.
Das chamadas recibidas ao servicio 42.734 demandaron información ; 14.348 para realizar trámites municipais o que permite que o cidadán chegue ao Concello coa documentación necesaria evitando demoras na tramitación dos seus expedientes.4.239 interesáronse por temas de oposicións e concursos públicos; 2.032 sobre aspectos culturais. Superan as mil chamadas as relativas da información sobre transporte, ocio e turismo, servicios sociais e domésticos, economía e comunicacións.
A recepción de chamadas referidas a queixas foron 4.643, cunha media mensual de 387. A tipoloxía da queixa, en termos absolutos, refírense a obras na calzada e cableado, deterioro do mobiliario urbano, tráfico rodado, mantemento de zonas axardinas e limpeza da rúa.
Co servicio de atención telefónica evítanse os desprazamentos innecesarios dos cidadáns ata as dependencias do Concello de Vigo para efectuar consultas de cara á súa tramitación. Consiste na atención personalizada, mediante chamada telefónica do cidadán ó número 010, en horario de 8:00 a 20:00 de luns a venres, e de 10:00 a 14:00 os sábados.
A información municipal está centralizada neste servicio, a través do que se poden realizar consultas sobre trámites, presentar queixas e suxestións por parte dos interesados, que redundan na actualización constante da súa base de datos.
Descargar todas as imaxes