Fins de semana artesáns e de cine nas Noites Vivas de Vigo
Despois dunhas breves vacacións as actividades de ocio nocturno se desenvolven de novo nas asociacións colaboradoras co programa que dende o pasado mes de marzo leva a cabo a área de Xuventude do Concello de Vigo.
Os obradoiros de coiro serán protagonistas este venres e sábado en varias sedes: Abertal ten previsto realizar traballos neste material o venres a partires das 22 horas, coincidindo co Espacio Xove do Castro, que levará a cabo unha actividade de repuxado en coiro o venres e o sábado.
No centro Xuvenil da rúa Uruguai impartirase un obradoiro de cociña con ovos e outro de encadernación. Tamén en Coia dedicarán un espacio para a cociña para todos aqueles que queiran participar e elaborar unha receita culinaria.
O pavillón do Berbés encherase este venres cos afeccionados ó baile, concretamente ás sevillanas, sen deixar de lado os deportes que se veñen practicando nesta sede dende o principio do programa. A asociación xuvenil Cancerbero pon a disposición dos usuarios de Noites Vivas o seu espacio para xogos de mesa e cartas, e no Centro Cívico de Teis teremos a oportunidade de participar nun obradoiro literario, e de asistir á sesión de cine no auditorio. O título da película é "Os espigadores e a espigadora" de Agnés Varda. O argumento xira arredor dun percorrido pola Francia no cambio de milenio. A cámara retrata a persoas que, por azar, necesidade ou obriga recollen obxectos e comida rexeitada por outros. Memorias dunha viaxe, recolección de imaxes e sentimentos entre desempregados, artistas, recicladores e coleccionistas.
O sábado, ademais de no Castro, impartirase coiro na A.V.V. Dr Fleming e unha sesión de ioga. Abertal dedicará a súa programación á ecoloxía organizando tamén unha partida de rol, e no centro Xuvenil daranse a coñecer as normas de protocolo na mesa. Tanto venres coma sábado póñense a disposición dos asistentes servicios gratuítos de internet(Abertal, Castro, Uruguai, Coia e Teis), salas de xogos e obradoiros libres ( Uruguai e Abertal).
Descargar todas as imaxes