Escoitar

Dúas semanas de teatro alternativo en Vigo

Do 5 ó 15 de maio terá lugar a terceira edición do Festival Alternativo de Teatro e Danza "Vigo, a outra alternativa" que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural e a asociación Noescafe Teatro , e que presentou hoxe en rolda de prensa o concelleiro, Ignacio López Chaves. Oito compañías traerán a Vigo as súas últimas montaxes realizadas fora dos estereotipos do teatro convencional para darlle paso á experimentación.

xoves, 15 abr 2004
1082030250alternativo.jpg
Os escenarios das representación serán os auditorios do Concello de Vigo e do Marco.O prezo das entradas é de 5 euros e haberá un bono semanal de 15 euros e para asistir a too o festival é de 30 euros.

Programa

- Día 5,20’30 h, auditorio municipal
Fabrica de Teatro Imaginario FTI (Bilbao)
Obra: "Yuri Sam"

- Día 6, 20’30 h, MARCO
Antimatiz (Bos Aires)
Obra:"Beautiful People"

- Día 7, 21’30 h, auditorio municipal
Los Corderos (Barcelona)
Obra: "Crónica de José Agarrotado ( menudo hijo de puta)"

- Día 8, 21’30 h, auditorio municipal
Los Cafiolos (Bos Aires)
Obra: "Macbeth"

- Día 12, 20’30 h, auditorio municipal
MC4 Dança (Oporto)
Obra: "Inquietude"

- Día 13, 20’30 h, MARCO
Cámara Negra (Sevilla)
Obras: "Apuntes para un Hamlet"

- Día 14, 21’30 h, auditorio municipal
Cámara Negra (Sevilla)
Obra: "Otelo"

- Día 15, 21’30 h, auditorio municipal
Noescafé-Teatro (Vigo)
Obra: "¡No!"
Descargar todas as imaxes