Escoitar

Corina Porro promete converter Vigo na cidade "máis integradora"

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, apostou porque Vigo se converta na cidade "máis integradora e acolledora" e prometeu desenvolver políticas que potencien a formación, a integración e a igualdade de oportunidades. A alcaldesa participou hoxe na ofrenda floral que o colectivo Adiquerando realiza tódolos anos para lembrar as víctimas do pobo xitano no xenocidio nazi.

xoves, 15 abr 2004
Corina Porro sinalou que a súa asistencia a esta homenaxe, ó que acude tódolos anos dende a súa etapa coma concelleira, "debe servir para amosar que dende o goberno da cidade estamos a traballar pola integración das persoas e polo respeto ás súas culturas".

Durante o acto de homenaxe escoitouse o himno xitano, tiráronse flores ó río Lagares e leron un poema en homenaxe ás víctimas.