martes, 3 xuñ 2003
Máis de 300 usuarias de colectivos de mulleres desfavorecidas están invitadas ao programa de teatro organizado pola Concellería da Muller e o Servicio de Normalización Lingüística que se celebra esta semana en Vigo a cargo do actor e director Roberto Cordovani.
luns, 2 xuñ 2003
O programa cultural de teatro con temática relativa á muller celébrase esta semana no auditorio municipal coa colaboración da Concellería da Muller e do Servicio de Normalización Lingüística. O martes 3 de xuño ás 21:00 estréase unha adaptación de "A volta do parafuso", de Henry James.
mércores, 28 mai 2003
A Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos e a Vocalía de muller da
<br />
Federación Veciñal "Eduardo Chao" convocan, como tódolos xoves de final de mes, unha concentración fronte o Museo de Arte Contemporánea, o xoves 29 de maio ás 20.00 co fin de sensibilizar, pór de manifesto e denunciar a violencia de xénero.
mércores, 28 mai 2003
O programa cultural de teatro con temática relativa á muller celebrarase a vindeira semana no auditorio municipal coa colaboración da Concellería da Muller e do Servicio de Normalización Lingüística.
venres, 23 mai 2003
A Concellería de Muller continúa coa programación dos cursos sobre "Saúde e calidade de vida: autocoñecemento e crecemento persoal” e abrirá o prazo de inscrición para un novo curso impartido pola Escola de Mulleres Simone de Beauvoir.
martes, 6 mai 2003
O alcalde, Lois Castrillo, recibiu ás participantes do II seminario "Emprego e cidadanía activa das mulleres", no que participa a Concellería da Muller. Mediante un convenio con "Ovarias", froito dun proxecto europeo, crearase unha empresa de servicios e atención ás necesidades familiares.
luns, 5 mai 2003
O programa municipal "O Noso Tempo" clausúrase coa décima exposición de traballos de mulleres veciñais de Vigo que se inaugurará o 8 de maio no local da federación "Eduardo Chao", na praza da Princesa.
mércores, 30 abr 2003
O II seminario "Emprego e cidadanía activa das mulleres", no que participa a Concellería da Muller, celebrarase do 5 ao 9 de maio en Vigo.
venres, 25 abr 2003
O alcalde e a concelleira da Muller presidirán o descubrimento da placa conmemorativa a Olimpia Valencia, primeira muller licenciada en Medicina en Galicia, na rúa do Príncipe nº 11, no inmoble que albergou a primeira consulta da doutora.
mércores, 23 abr 2003
A Concellería da Muller colabora con Edicións Xerais na publicación de "Alba de Mulleres", para a súa distribución entre os colectivos de mulleres, bibliotecas, institutos e colaboradores deste departamento.