Escoitar

Concentración contra a violencia de xénero fronte o Marco

A Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos e a Vocalía de muller da <br /> Federación Veciñal "Eduardo Chao" convocan, como tódolos xoves de final de mes, unha concentración fronte o Museo de Arte Contemporánea, o xoves 29 de maio ás 20.00 co fin de sensibilizar, pór de manifesto e denunciar a violencia de xénero.

mércores, 28 mai 2003
"Levamos moitos anos traballando co único lema de Defendemos o noso dereito a vivir en paz, tan sinxelo como difícil de conseguir como seguen a demostrar as cifras mes a mes, 37 asasinatos en cinco meses", afirmou Rosa Fontaíña, coordinadora da Rede.

Estes actos violentos son xustificados un tras outro como cuestións de ciúmes, asuntos de parella ou volveuse tolo por amor. Nestas situacións, as representantes da Vocalía da muller pregúntanse "¿ata cando seguir aguantando que unha persoa (casualmente home) chegue ao extremo de crer que outra persoa (sempre muller) é da súa propiedade, ou unha cousa, e pode dispor dela ou rompela cando nun cumpre as súas expectativas?"