Escoitar

A Escola municipal de música de Vigo celebra a súa semana grande

O alumnado da Escola municipal de música participará en diversos concertos organizados para celebrar o remate do curso nos que se pretenden amosarlle a outros rapaces os seus coñecementos adquiridos. A entrada aos concertos é libre e gratuíta.

martes, 27 mai 2003
En colaboración coa Ludoteca da Casa da Xuventude celebrarase un concerto dos máis novos da Escola municipal de música, que amosarán o seu facer a outros rapaces. Dentro desta programación tamén se vai celebrar o remate de curso do alumnado de música e movemento, adicado este ano a cancións e xogos populares.

O sábado 31 de maio celebrarase o concerto dos novos músicos no centro cultural Caixanova, no que participará unha representación dos alumnos da Escola. Nese mesmo centro, e despois deste concerto, farase a entrega dos premios ao "Concurso de composición novas músicas" na súa primeira edición, co que a Escola quere darlle un empurrón aos seus alumnos para incentivar e ampliar as súas habilidades musicais.

Programa

Martes 27 maio
18:00 horas. Trompeta. Clarinete
18:30 horas. Violín
19:15. G. Instrumental. Dúo
19:45. G. Instrumental. Trío

Mércores 28 maio
17:30 horas. Saxofón
18:00 horas. Viola. Colectivo clarinete
18:30 horas. Concerto Xuventude Musical. Casa da Xuventude

Xoves 29 maio
17:00 horas. Trompa
19:30 horas. Violín. Saxofón.
20:00 horas. Trompeta
20:30 horas. Concerto obras finalistas do concurso de composición novas músicas.

Venres 30 maio

18:30 horas. Grupo clarinetes
18:30 horas. Festival remate curso música e movemento. Auditorio Concello de Vigo

Sábado 31 maio
20:00 horas. Concerto novos músicos. Auditorio Centro Cultural Caixanova.
Entrega de premios concurso de composición novas músicas.

Máis información