Festas colabora no concurso universitario de rock da praza do Berbés
A final do concurso universitario de rock "Campusons" celebrarase o mércores 28 de maio ás 21:00 na praza do Berbés. Cinco formacións participarán neste certame que decidirá o gañador da gravación dun disco en solitario.

Con este evento quérese organizar un circuíto de concertos de rock universitario para darlle a oportunidade ao alumnado galego de amosar as súas creacións musicais. O concerto, que será presentado polo locutor Salvador Rouco, terá como xurado a representantes do Concello de Vigo, das universidades de Santiago e Vigo e da discográfica Sons Galiza.
Actuarán Javier Ferreirós, Rever, Kastomá, Fai Tun Flai e Loretta Martin cos que se pretende crear un escaparate de grupos galegos de rock e fomentar esta modalidade en galego coa gravación do disco.
Descargar todas as imaxes
Actuarán Javier Ferreirós, Rever, Kastomá, Fai Tun Flai e Loretta Martin cos que se pretende crear un escaparate de grupos galegos de rock e fomentar esta modalidade en galego coa gravación do disco.