Escoitar

Deportes colabora co Rally Rías Baixas que se celebra este sábado

O Rally Rías Baixas, que contará con 90 participantes, principiará coas verificacións administrativas o xoves 28 de maio, as probas cos pilotos oficiais serán o venres no monte Picaraña e o sábado partirán ás 8:00 das Avenidas.

mércores, 28 mai 2003
Os 90 vehículos inscritos, máximo autorizado pola Federación Española de Rallys, comezarán as verificacións administrativas o xoves para facer probas o venres no monte Picaraña con pilotos oficiais e as pertinentes verificacións técnicas consistentes na revisión de coches no novo pavillón de Bouzas.

O primeiro coche sairá o sábado ás 8:00 das Avenidas e, de minuto en minuto os seguintes, rumbo Mondariz, As Neves e Salceda onde haberá tramos cronometrados. Repetiranse os tramos Mondariz e As Neves con parques de reagrupamento e logo dirixiranse ao parque de asistencia da Freixa con entrada e saída constante de vehículos, o que vai ser de grande espectacularidade.

Xa pola tarde, o circuíto irá de Fornelos, Maceira e Ponteareas coa chegada prevista ao Náutico ás 22:29 para proceder á entrega de premios aos gañadores.