luns, 21 abr 2003
A concelleira da Muller, Ana Gandón, e a directora da revista "A Festa da Palabra", María Xosé Queizán, presentaron un certame de investigación sobre as operarias de "La Artística" de Vigo, dotado con 4.200 euros e maila publicación do estudio.
luns, 14 abr 2003
O traballo, que incluíu a valoración do I Plan municipal para a igualdade de oportunidades, deseñou accións aplicables consonte ás competencias municipais e a situación de partida. A elaboración do II Plan realizouse por mor do convenio de colaboración co departamento de Socioloxía da Universidade de Vigo. A concelleira de Muller, Ana Gandón, mailas redactoras do proxecto, Amada Traba e Luz Varela presentaron o texto do que se editaron 2.000 exemplares.
martes, 25 mar 2003
A concelleira da Muller, Ana Gandón, presentou a memoria do servicio de atención domiciliaria á infancia mediante un convenio asinado con Mulleres Progresistas que quere facer compatible a vida laboral e familiar.
luns, 24 mar 2003
A concelleira da Muller, Ana Gandón, entregoulle o IV Premio de novela Mulleres progresistas á gañadora María Reimóndez pola obra "Caderno de Bitácora".
mércores, 19 mar 2003
A concelleira Ana Gandón explicou a memoria do Centro municipal de información dos dereitos da muller que atendeu no ano pasado a 990 mulleres que requiriron programas de información e asesoramento xurídico, social e psicolóxico.
martes, 11 mar 2003
Aprobou un informe que recolle propostas de actuación contra a violencia doméstica como a ampliación do cadro de persoal do Servicio de Atención Familiar da Policía.
venres, 7 mar 2003
A Concellería da Muller inaugura a "Casa das Mulleres" e as novas instalacións do Centro municipal dos dereitos da muller, ademais de animar á participación da manifestación que sae ás 20:00 da praza Oito de marzo, en Camelias.
mércores, 5 mar 2003
A concelleira da Muller, Ana Gandón, e a directora da Casa de Acollida, Mercedes Cameselle, presentaron os resultados deste recurso inicial imprescindible para a seguridade das víctimas da violencia. Gandón cre que as administracións autonómica e central non poñen tódolos medios para evitar os asasinatos das mulleres a mans das súas parellas tanto no control dos agresores como na protección das víctimas ameazadas. "Está chegando o momento de pedir responsabilidades por estas mortes", sinalou a concelleira.
<br />