A Casa de Acollida aloxou 50 mulleres víctimas da violencia no pasado ano
A concelleira da Muller, Ana Gandón, e a directora da Casa de Acollida, Mercedes Cameselle, presentaron os resultados deste recurso inicial imprescindible para a seguridade das víctimas da violencia. Gandón cre que as administracións autonómica e central non poñen tódolos medios para evitar os asasinatos das mulleres a mans das súas parellas tanto no control dos agresores como na protección das víctimas ameazadas. "Está chegando o momento de pedir responsabilidades por estas mortes", sinalou a concelleira. <br />
Gandón considera necesario que "se cree un rexistro centralizado dos casos de violencia e que se fagan efectivas as ordes de afastamento que non se cumplen porque a Policía non actúa coa dilixencia debida". "Os medios de financiación das casas de acollida saen dos concellos e é unha absoluta deixación de funcións e desfachatez da Xunta de Galicia a creación de servicios, a xustiza gratuíta, a creación de plans de formación e emprego, a dotación de recursos e a promoción de vivendas para mulleres víctimas de malos tratos", afirmou Ana Gandón.
En 2002 a Casa de Acollida de Vigo aloxou a 50 mulleres, das que o 70% tiña entre 18 a 45 anos de idade. "Isto indica que cada vez se denuncian antes as situacións de violencia de xénero", sinalou Mercedes Cameselle.
O 60% das usuarias ten fillos ao seu cargo e durante o 2002 pasaron 53 rapaces pola Casa de Acollida. A maioría ten escasa formación (o 67% dispón de graduado escolar ou certificado de escolaridade) e o 54% non desenvolve actividades remuneradas fronte ao 27% que ten traballo. Boa parte destas usuarias non dispón de contrato laboral e traballa na hostalería e asistencia doméstica, o que dificulta a posibilidade de alugar unha vivenda ao non dispor de nómina.
Os meses de maior ocupación son de agosto a febreiro, o 82% permanece máis de tres meses e o 29% menos dun mes.
Ademais da tipoloxía do maltrato físico, este vai acompañado nun 100% dos casos do psicolóxico, sendo as agresións producidas cunha frecuencia habitual. "O maltrato non é repentino, prolóngase no tempo e o 67% das usuarias ten unha vinculación co agresor de esposos", explicou a directora da Casa de Acollida.
O 29% das mulleres que pasa pola Casa de Acollida volve co agresor como solución de saída ante a adversidade que encontran na busca de vivenda, traballo, cargas familiares e tramitación xurídica para conformar un novo proxecto de vida.
Nos doce anos de funcionamento da Casa de Acollida pasaron 605 mulleres e 700 nenos de Vigo e comarca. Este servicio traballa en colaboración directa co Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, situado na rúa Romil, e foi dotado recentemente polo Concello de Vigo cunha psicóloga máis para atender a demanda existente nos casos de violencia contra as mulleres.