Escoitar
O velorio do cadaleito comezará ás 18:30 na praza do Rei

Vigo despedirá o Entroido co tradicional desfile de comparsas

martes, 4 mar 2003
imx2402.jpg
O desfile de comparsas que vai acompañar o enterro do Meco dará comezo o mércores 4 de marzo ás 20:00 desde a avenida Camelias para percorrer Álvaro Cunqueiro, na súa marxe dereita, Camelias e rematar na praza de América.

Previamente, a partir das 18:30 horas, terá lugar na praza do Rei o velorio do cadaleito, ó que poderán sumarse tódolos vigueses e viguesas que o desexen para despedirse do Entroido 2003.

No desfile de comparsas van tomar parte todas aquelas que se inscribiron no concurso da presente edición do Entroido, e que coñecerán o veredicto do xurado.

Seguindo co programa, ás 21:30 horas, xa na praza de América, terá lugar a lectura do responso e o correspondente sepelio, seguido da lectura do testamento do Meco.

A continuación procederase á lectura da acta do xurado, que determinará os ganadores do concurso de comparsas, poñendo fin ás festas do Entroido, en torno ás 22:00.

Dispositivo de tráfico

Co gallo do desfile de comparsas lémbrase que a partir das 10:00 e ata o remate do desfile vaise prohibir o estacionamento nas seguientes rúas: Rúa Venezuela (dende Avda. Camelias ata Gran Vía), toda a Avda. das Camelias e o tramo oeste da rúa Álvaro Cunqueiro (do núm 2 ó 18) e Avda. Castrelos (dende a praza de América ata a rúa Cesáreo González)

Prohíbese ademais o estacionamento na rúa Manolo Martínez (dende Avda. Fragoso ata Avda. Florida) para o desvío alternativo.

Durante a tarde pecharanse ó tráfico as seguintes rúas: ás 16,00 hoas ata o pase dos desfiles en rúa Venezuela (tramo comprendido entre Camelias e Gran Vía), para a formación do desfile e os seus accesos dende as rúas transversais de Simón Bolívar, Panamá, Fisterra, Pilar e Taboada Leal.

Ás 18:00 horas toda a avenida das Camelias, a superficie da praza América (e no interior do túnel só o sentido cara Camelias), Álvaro Cunqueiro (tramo oeste, dende o núm 2 ata o 18) e os seus accesos dende as rúas transversais de avenida Hispanidade, López Mora, Romil, Doutor Marañón, Chile, D. Quijote, J.Frau, Pintor Lugrís, Pintor Colmeiro, Laxeiro e Otero Pedraio.

Recoméndase, polo tanto, buscar percorridos alternativos e seguir as directrices dos axentes da Policía local.
Descargar todas as imaxes