Aberta a convocatoria de subvencións para asociacións de carácter social
O departamento de Benestar Social ten entre os seus obxectivos a potenciación do tecido asociativo no ámbito dos Servicios Sociais. Co fin de optimizar os recursos e de subvencionar o mantemento e as actividades de centros e asociacións de carácter social, protección de minorías, familias ou menores ábrese unha convocatoria de axudas.
As entidades solicitantes serán de ámbito local. No caso de non selo, valorarase a incidencia da súa actividade e presencia no termo municipal. Para esta convocatoria cóntase cun orzamento de 66.000 euros.
As subvencións de Benestar Social terán como obxectivos e finalidades fundamentais dotar a estes centros de entidade suficiente para desempeñar a súa labor, optimizando os recursos, favorecer a creación dun tecido social necesario para a participación dos cidadáns e favorecer as actividades ou programas que contemplen ou substitúan as accións que desenvolvan los propios servicios sociais municipais.
Os criterios que se analizarán para a concesión das subvencións serán a calidade da actividade ou programa proposto, o ámbito de aplicación da actividade, colectivo de poboación participante ou número de beneficiarios, así como o interese social e as formas de participación dos solicitantes na actividade. A duración do programa ou actividade e a complementariedade ás actividades ou programas dos propios servicios municipais son outras das condicións.
As solicitudes de subvención presentaranse a través do Rexistro xeral do Concello, nos impresos normalizados, ata o 21 de marzo.
Á presente convocatoria de subvención poderán presentarse todas aquelas asociacións inscritas no Rexistro municipal de asociacións en calquera dos apartados de interese social sempre que a solicitude do programa a desenvolver se realice na cidade de Vigo dentro do ano en curso e repercuta sobre un dos colectivos previstos de atención desde os servicios sociais, quedando excluídos todos aqueles programas de maiores que xa contan cunha convocatoria específica.
Dos programas ou actividades subvencionables exclúense as seguintes:
a) Actividades propias dos clubes deportivos non integrados por afectos dalguhna doencia.
b) Actividades de carácter político e doutrinal de signo partidario ou confesional.
c) As actividades que teñan canle específico de subvención por parte doutros sectores do Concello.
d) Os gastos xerais de adquisición de patrimonio.
Os solicitantes das subvencións aportarán, no prazo que se indique, os datos complementarios precisos que se lle requiran para aclara-la viabilidade dos programas de actividades.
Se a solicitude, documentación e información presentada non reúne os requisitos esixidos, o interesado será requirido para que, no prazo de dez días, corrixa as faltas e aporte os documentos necesarios. De non facelo desestimarase a súa petición.
A resolución das solicitudes de subvención será competencia da Comisión de Goberno, de acordo co estipulado nas bases de convocatoria, bases de execución do orzamento municipal e na normativa sobre as subvencións, tralos informes-proposta preceptivos.