Concello e Xunta pactan as obras de abastecemento de auga e saneamento en Beade, Valadares e Zamáns
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, comunicoulle á Asociación de Veciños de Beade o acordo ao que chegou o Concello co organismo Augas de Galicia para abordar as obras de saneamento das parroquias de Beade, Valadares e Zamáns e para construír o novo cinto perimetral de abastecemento de auga.
O Concello será quen se encargue de executar o proxecto de subministración de auga a Beade, o Parque Tecnolóxico e Loxístico e o polígono de Navia, un cinto perimetral que unirá a rúa Cantabria co sur do municipio. O custo desta obra está avaliado en 8.177.819 euros. A intención do Goberno Municipal é a de adxudicarlle o traballo á concesionaria do servicio para que a inclúa no seu Plan de Investimentos. Desta maneira, a obra podería comezar o vindeiro mes.
Augas de Galicia pola súa banda comprométese a licitar as obras de ampliación do saneamento de Beade, Zamáns e Valadares, avaliadas en 10.767.000 euros. A construcción destas novas redes permitirá fornecer deste servicio a máis dun milleiro de vivendas.
Descargar todas as imaxes