Substitución e mellora do alumeado público en Beade
A Concellería dos Servicios Electromecánicos comeza esta semana coas obras de substitución de luminarias abertas con lámpadas de vapor mercurio por outras pechadas de vapor sodio en distintas zonas de Beade.
Esta Concellería ten definido como unha das políticas prioritarias a da mellora das infraestructuras das instalacións da iluminación pública, de maneira global para tratar de acadar unhas condicións óptimas de funcionamento con un consumo racional de enerxía para obte-lo máximo rendemento lumínico e enerxético.
Os operarios deste departamento comezan esta semana cas substitucións na parroquia de Beade. As rúas onde se van a cambiar as luminarias son: rúa Seixiños, rúa Coutada (entre Seixiños e Volta do Demo), camiño Caramuxo (entre estrada Porto e o Centro de Mando) e na rúa Couto (entre Facho e Pouleira).
En total cambiaranse unhas 84 luminarias, que actualmente son de vapor mercurio, por outras de vapor sodio, reducindo así o alto valor contaminante que teñen as primeiras e mellorando o rendemento lumínico.
Descargar todas as imaxes