Escoitar

Comezan as festas de Entroido en Vigo

xoves, 27 feb 2003
imx2385.jpg
Disfraces
Co gallo da programación do Entroido 2003 adoptaranse medidas en materia de tráfico e seguridade en canto a prohición de estacionamento, vías pechadas ó paso de vehículos e percorridos alternativos, así como un dispositivo especial de seguridade.

Entronización do Meco e pregón
(venres 28 de febreiro)

Co gallo dos actos de entronización do Meco e da lectura do pregón, a Porta do Sol pecharase ó tráfico entre as 20.15 e as 21.00 horas.

Desfiles de comparsas
(sábado 1 e mércores 5 de marzo)

-Prohibición de estacionamento:

A partir das 10.00 horas do sábado e do mércores, ata o remate dos desfiles, prohíbese o estacionamento nas rúas:

PE1.- Rúa Venezuela (dende Avda. das Camelias ata Gran Vía), toda a Avda. das Camelias e o tramo oeste da rúa Álvaro Cunqueiro (do núm 2 ó 18) e Avda. Castrelos (dende a praza de América ata a rúa Cesáreo González)

PE2.- Prohíbese o estacionamento na rúa Manolo Martínez (dende Avda. Fragoso ata Avda. Florida) para o desvío alternativo.

-Peches de tráfico:

Pecharanse o tráfico na tarde do sábado e do mércores as seguintes rúas:

PT1.- Ás 16:00 ata o pase dos desfiles en rúa Venezuela (tramo comprendido dende Avda. das Camelias ata Gran Vía, para a formación do desfile) e os seús accesos dende as rúas transversais de Simón Bolívar, Panamá, Fisterra, Pilar e Taboada Leal.

PT2.- Ás 18:00 horas toda a Avda. das Camelias, a superficie da praza América (e no interior do túnel só o sentido cara a Avda. das Camelias), Á. Cunqueiro (tramo oeste, dende o núm 2 ata o 18) e ós seus accesos dende as rúas transversais de Avda. Hispanidade, López Mora, Romil , Doutor Marañón, Chile, D. Quijote, J.Frau, Pintor Lugrís, Pintor Colmeiro, Laxeiro e Otero Pedraio.

-Percorridos alternativos no contorno da praza de América:

A1.- O tráfico que se aproxime á praza de América descendendo pola Gran Vía desviarase pola rúa do Carme, baixando preferiblemente ata a circunvalación pola rúa Torres Quiroga (fronte ós frontóns do Pavillón) ou previsiblemente dun xeito máis dificultoso ata a Avda. de Castrelos.

A2.- O tráfico que acceda á praza de América procedente de Balaídos desviarase pola rúa Eugenio Krapf e Manuel de Castro, e no último tramo pola rúa Manolo Martínez para o tráfico veciñal preto da praza.

A3.- O tráfico que acceda á praza de América procedente da Avda. da Florida (C-550) desviárase pola rúa Darío Durán, accedendo á Avda. de Castelao.

A4.- O tráfico procedente da Avda. de Castelao só terá libre a saída polo interior do túnel no sentido cara á Gran Vía, e por superficie só cara á Avda. da Florida.

A5.- O tráfico procedente de Beiramar non poderá subir pola rúa Coruña a partir da praza de Eugenio Fadrique a partir das 19:00 horas, terá que desviarse por Beiramar ata a circunvalación por Bouzas ou ben cara ó centro polo túnel de Beiramar.

Permitirase a subida dos autobuses urbanos (Vitrasa) ata a praza de América ata que o permita a afluencia de público: impedirase totalmente a partir das 19:00 horas.

A6.- Autorízase a partir das 18:00 o acceso polo carril-bus de Pi i Margall (desde López Mora ata a rúa Chile), o acceso ós garaxes dos veciños/as das rúas afectadas polo itinerario do desfile.

A7.- De xeito circunstancial, invertirase o tránsito na rúa Álvaro Cunqueiro dende a rúa Colmeiro ata a rúa Zaragoza para acceder os veciños/as e comerciantes ós seus garaxes e comercios.

-Alteración das liñas de autobús urbano (Vitrasa), interurbano (ATSA) e outras:

Veranse afectadas directamente por desvíos tódalas liñas con paradas e que pasan polas rúas Venezuela, Camelias e praza de América.

-Posto central de Protección Civil:

Establecerase un posto destacado de emerxencias e atención a nenos perdidos na praza da Independencia. En caso de perdas de nenos/as deberán dirixirse ás/ós voluntarios de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e ós axentes da Policía Local.

-Recomendacións finais:

1. Prevense importantes retencións de tráfico na zona do centro da cidade - en especial o sábado ó coincidir o peche dos desfiles co da Porta do Sol para a verbena nocturna- polo que se aconsella evita-lo uso dos vehículos particulares nela.

2. Evita-lo estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos tramos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencias de ambulancias e bombeiros.

3. Evita-la concentración de público na confluencia das rúas Camelias - López Mora, xunto á saída do túnel da praza de América e subir no muro do túnel polo risco de caídas ó vacío.

4. Mante-lo control sobre os nenos/as evitando a súa perda e que poidan ser atropelados polos tractores ou carros que participen no desfile.

5. Atende-las instruccións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de Seguridade da Organización.

Verbenas nocturnas
(sábado 1 e martes 4 de marzo)

O sábado 1 e o martes 4 de marzo, dende as 19:00 ata as 03:00 horas da madrugada, pecharase o tráfico á Porta do Sol e rúa Policarpo Sanz.

Co gallo das referidas verbenas e os seus preparativos, pecharanse ó tráfico a Porta do Sol e os seus accesos dende o Paseo de Afonso XII e dende o extremo contrario das rúas Colón e García Barbón. Permitiranse unicamente ata as 22:00 horas os accesos de Vitrasa e os veciños/as ós seus garaxes.

-Percorridos alternativos:

AV1.- O tráfico con destino á Porta do Sol e Teis, procedente de Pi i Margall e Romil, desviarase pola rúa Llorente e Gaiteiro Portela en dirección a Beiramar.

AV2.- O tráfico procedente de García Barbón en dirección ás Travesas desviarase pola rúa Pontevedra, dirección á praza de Compostela e Beiramar.

AV3.- Ó tráfico que baixe pola rúa Doutor Cadaval permitiráselle acceder á Porta do Sol e despois cara ó Paseo de Afonso XII só ata as 22:00 horas: a partir desta hora, desviarase pola rúa López de Neira cara á Ronda de Don Bosco e Progreso.

AV4.- Ó tráfico que suba pola rúa Reconquista permitiráselle dirixirse cara á rúa García Barbón ata as 18:00 e pecharase totalmente a partir das 22:00 horas.

Recomendacións no uso de artigos de broma

Prohíbese a utilización de aerosois, recipientes que conteñan algún tipo de substancia ou calquera outro artigo de broma, que non cumpran determinadas normas de seguridade.

En ningún caso poderán dirixirse os artigos de broma contra as persoas que circulen pola vía pública ou contra os vehículos ou establecementos comerciais e especialmente aqueles que pola súa especial composición poidan derivar prexuízos contra a saúde pública.

Así mesmo está prohibida a venda dos artigos tanto na vía pública como en establecementos comerciais. Prohíbese a fabricación, circulación e venda de calquera obxecto para uso infantil que presente externamente substancias explosivas ou detonantes, susceptibles do contacto directo. Para a circulación e venda de productos pirotécnicos infantís é necesario que neles figure a marca, o nome do fabricante, a letra e número que teña asignado polo Ministerio de Industria.

Non se permite o depósito comercial ou consumo e venda de productos pirotécnicos nos establecementos que non conten coa autorización da Subdelegación do Goberno e a súa venda ambulante.

Programa

Venres, 28 de febreiro:
20.30h Foguete de benvida ó Entroido 2003.
Espectáculo de entronización do MECO presidido polo Rei Momo. Pregón a cargo de Sergio Pazos, Tonino e Mario Caballero. Porta do Sol.

Sábado, 1 de marzo:
18.30h Desfile de comparsas, polas seguintes rúas: Camelias, Álvaro Cunqueiro (marxe dereita), Camelias e praza de América.
23.00h Verbena na Porta do Sol: ABANICO e ALKAR.
01.30 h Concurso de disfraces, na Porta do Sol.

Domingo, 2 de marzo:
11.00 a 14.00h Entroido cos nenos: inchables, obradoiros e actuacións.
16.00 a 20.00h Praza do Rei, lonxa e auditorio do Concello.

Luns, 3 de marzo:
16.00h a 20.00h Entroido cos nenos: inchables, obradoiros e actuacións.
Praza do Rei, lonxa e auditorio do Concello.

Martes, 4 de marzo:
16.00h a 20.00h Entroido cos nenos: inchables, obradoiros e actuacións.
Praza do Rei, lonxa e auditorio do Concello.
17.00 h Degustación de productos típicos do Entroido. (Colabora Aldeas Infantís). Praza do Rei.
22.30h Verbena na porta do Sol: CHARLESTON e NUEVA GENERACIÓN.
23.45h Xuízo do Meco na Porta do Sol.
24.00h Lectura da sentencia e queima do Meco, Porta do Sol.
00.30h Continuación da verbena na Porta do Sol.

Mércores, 5 de marzo:
18.30h Velorio do cadaleito na praza do Rei.
20.00h Enterro do Meco, desfile de comparsas acompañando o cadaleito, polas seguintes rúas: Camelias, Álvaro Cunqueiro (marxe dereita), Camelias e praza de América
21.30h Responso, sepelio e lectura do testamento na praza de América.
21.45h Lectura da acta do xurado na praza de América.
22.00h Remate das festas do Entroido 2003.

Comparsas

Orde de actuación das comparsas, decidido por sorteo celebrado no Concello do 26 de febreiro do 2003.

1. La gran corrida.
2. Os Tarteiras “Casco Vello”.
3. “Julais” Nunca Mais.
4. En busca da auga perdida.
5. Colexio Possumus.
6. Nautilius-Con “moita cor”.
7. Aquellos maravillosos años.
8. Colores.
9. Unha noite no muiño.
10. “Os viaductos” Fantasía: escaleira de cor.
11. Un mar de vida.
12. A Miñoca.
13. O Carballo da Laxe.
14. Branca neves e os enanitos do bosque.
15. Las Musas del carnaval y la vestia.
16. O Corral.
17. Vaia festa de aniversario.
18. Lucky Luke.
19. Malos fumes.
20. Mejico Lindo.
21. Bush Abushón.
22. Baía Circo.
23. Tropical.
24. Batalla de Rande.
Descargar todas as imaxes