Principia a segunda fase de excavacións en Mirambell
A Concellería de Patrimonio Histórico retomou a excavación da vila romana de Mirambell coa finalidade de preparar o xacemento arqueolóxico para a súa musealización integral. Os traballos, que comezaron onte, completarán a campaña de excavacións realizada durante o verán do pasado ano por un equipo dirixido polo profesor da Universidade de Vigo, Fermín Pérez Losada.
Na primeira fase de excavacións, desenvolvida o pasado ano, exhumouse o edificio principal da vila, descubríronse os basamentos monumentais dunha nova estancia e un pórtico na fachada norte. Sen embargo, algunhas áreas quedaron pendentes dunha investigación máis intensa. Nesta segunda fase de excavacións vaise delimitar totalmente o edificio principal do xacemento e procurarase averiguar a entidade, cronoloxía e funcionalidade doutras estructuras arqueolóxicas situadas no contorno da construcción principal. A intención é a de deixar todo o xacemento preparado para a súa musealización integral.
Os traballos desta fase durarán ata finais do mes de abril e serán realizados en xornadas de mañá e tarde por un equipo de 14 persoas: 1 director científico, 1 director técnico, 2 técnicos arqueólogos auxiliares, 7 arqueólogos para traballo de campo e 3 obreiros de apoio. Como labor previo para preparar a excavación vanse talar dous eucaliptos que invaden o xacemento.
De forma paralela aos traballos de excavación estase elaborando o proxecto de conservación/restauración do xacemento e de acondicionamento da finca de Mirambell. O goberno municipal pretende que estas tarefas comecen inmediatamente despois do remate da excavación.
O presuposto da segunda fase de excavacións é de 33.000 euros. O proxecto de musealización está avaliado en 417.847 euros.
Descargar todas as imaxes