Representación da ópera ”A frauta encantada”
A Escola Municipal de Música de Vigo, dependente da Concellería de Educación, vai representar unha versión da ópera ”A frauta encantada” o vindeiro xoves 27 de febreiro ás 19:00 horas no auditorio do Concello de Vigo.
A complexidade na realización desta ópera fixo necesario coordinar as distintas agrupacións instrumentais (Orquestra da Escola, tríos, dúos) vocais (Coro da Escola, quinteto vocal, etc.) e de expresión corporal a cargo dos alumnos de Movemento de oito anos de idade, involucrando así a un gran número de alumnos de idades moi variadas.
Con esta representación a Escola acaba o seu primeiro ciclo temático dedicado, dende principio de curso, á ópera. Neste período de tempo os alumnos acercáronse dun xeito teórico-práctico a este xénero musical, cabe destacar a participación do Coro da Escola Municipal de Música na representación da ópera “O Pequeno desenfeluxador” de Britten acompañando á Ópera de Cámara de Madrid no festival internacional de música Are More.
A estrea de ”A frauta encantada” foi o 30 de setembro de 1791, dous meses antes da morte do seu autor: W. A. Mozart. (Libretista Emanuel Schikaneder). Esta fantástica ópera trata das aventuras e desventuras do pícaro Papageno, un vendedor de paxaros, e do príncipe Tamino que despois de superar varias probas conseguen vencer o mal e conseguir o seu amor. Mozart naceu o 27 de xaneiro 1756 en Salzburgo, entre as súas óperas pódese citar “As vodas de Figaro”, “Così fan tutte” ou “A clemencia de Tito”.
A representación dispón dun vestiario apropiado para esta ocasión e vai ser unha xornada festiva con moito colorido e variedade inaugurando así, o Entroido en Vigo. Poderán asistir tódalas aquelas persoas disfrazadas que queiran achegarse polo auditorio do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes