Escoitar
Adxudicadas novas obras de saneamento por valor de 6,5 millóns de euros

Aprobadas as ordenanzas de publicidade exterior e de axudas para a rehabilitación de vivendas do Barrio Histórico

luns, 24 feb 2003
imx2367.jpg
Sesión plenaria
A corporación aprobou no pleno a ordenanza que regulará a publicidade exterior en todo o término municipal. A finalidade da ordenanza é regular a ubicación das instalacións publicitarias, establecer as súas características e garantir un bo estado de conservación.

A ordenanza regulará as condicións esixibles ás instalacións publicitarias perceptibles dende a vía pública, o rexime xurídico aplicable aos actos de publicidade e o sistema sancionador das infraccións.

A nova normativa prohibirá expresamente a colocación de soportes publicitarios en edificios declarados Bens de Interese Cultural, nas zonas verdes e no corredor natural do río Lagares. Tamén se establecen restriccións nas zonas de costa e nas marxes das estradas. Prohibirase ademáis a pegada incontrolada de carteis ou pegatinas en edificios, árbores, monumentos ou o mobiliario urbano

Odenanza reguladora das axudas para a rehabilitación de vivendas do Barrio Histórico

O Pleno da corporación tamén aprobou a nova Ordenanza Reguladora de Axudas para a Rehabilitación de Edificios e Vivendas na Área de Rehabilitación Integral do Barrio Histórico. O goberno municipal modificou a normativa para adaptala ás condicións do Plan de Vivenda 2002-2005.

A reforma da Ordenanza introduce algúns cambios que permitirán axilizar os trámites administrativos para a concesión das axudas e que facilitarán a comprensión dos tipos de actuación subvencionables. Tamén se incluiu o futuro uso da vivenda (propio, aluguer ou venda) como criterio no momento de avaliar a preferencia no dereito á subvención. Así, primaranse aquelas obras de rehabilitación que vaian dirixidas a destinar a vivenda a uso propio. Tamén se clarexan as compatibilidades das axudas, na medida en que non interfiran con outras subvencións promovidas polas administracións.

o pleno acorda adxudicar novas obras de saneamento por valor de 6,5 millóns de euros

O Pleno da corporación municipal acordou modificar o contrato formalizado polo Concello coa UTE Movexvial, SL – Hidroscivil S.L. para a execución de obras de saneamento no municipio. A modificación consiste na ampliación das obras inicialmente previstas, o que supón aumentar o investimento respecto á adxudicación en 6.516.600 euros.

Esta decisión foi adoptada cos votos favorables dos grupos do PSOE e do PP, que argumentaron que a ampliación do contrato servirá para completar a rede de saneamento en diversas parroquias de Vigo utilizando fondos europeos. BNG e Provi non prestaron o seu voto á proposta atendendo un informe realizado polo Consello Consultivo de Galicia sobre esta operación. O Consello informouna desfavorablemente ao comprobar que a variación do contrato supón alterar o prezo inicial nun 43% e considerar que manter a licitación cunha desviación económica de tal magnitude menoscabaría os principios de publicidade, igualdade de oportunidades e libre concorrencia. O Consello Consultivo propuña no seu informe tramitar un novo expediente de contratación, posibilidade suxerida polo grupo do BNG, pero que non contou co apoio maioritario da corporación.
Descargar todas as imaxes