A Corporación solicitará a inclusión dun carril-bici no proxecto de segundo cinto de circunvalación
Aprobouse a proposta da asociación ”A golpe de pedal” para a solicitude de inclusión da construcción dun carril-bici protexido no proxecto de segundo cinto de circunvalación elaborado polo Ministerio de Fomento.
Estudiaranse as medidas necesarias para concretar un proxecto de futuro no que se apliquen medidas encamiñadas ao desenvolvemento de infraestructuras e promoción da bicicleta. Expedirase un documento de apoio para trasladarlle a proposta á Demarcación de Estradas da Coruña, oficina do Ministerio de Fomento en Galicia.
A Corporación aprobou tamén, por unanimidade, unha moción na que se propón que se cumplan os acordos plenarios relativos ó galego de xeito que tódolos documentos que deban ser aprobados por calquera organismo municipal, de dependencia municipal ou con subvencións estean escritos en galego. Acordouse tamén que os concelleiros empreguen sempre o galego para se comunicar oralmente e mais por escrito.
Outra moción aprobada solicitaba o inicio de expediente para lle dar a unha rúa ou praza da cidade o nome de ”Francisco Rey Rivero”.
A Corporación municipal reprobou as declaracións do alcalde de Santiago sobre o aeroporto de Vigo e acordou solicitarlle ao Goberno central a concreción e maila realización inmediata dos investimentos previstos no Plan director para o aeroporto de Vigo.
Descargar todas as imaxes