O alcalde presenta o novo conservatorio de Vigo
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, visitou o edificio do novo conservatorio de grao elemental e medio de Vigo, unha obra para a que o Concello aporta o 75% dun presuposto de tres millóns de euros. O inmoble está a piques de ser rematado, polo que a Xunta o vai ter a súa disposición para que se impartan clases no próximo curso.
Lois Castrillo percorreu o inmoble acompañado dos arquitectos autores do proxecto, que lle explicaron algunha das súas características máis singulares. O edificio, ubicado nunha parcela de 5.500 m2 cedida polo Concello, está perfectamente adaptado para as necesidades requiridas por un centro de estudios musicais. Ten solos, paredes e teitos “flotantes” para evitar a transmisión directa do son. Os paramentos laterais de cada recinto se trataron con elementos illantes e os teitos suspendéronse dos forxados superiores mediante antivibradores.
O nivel 1 ten o seu acceso pola rúa Felipe Prósperi. Conta con dous vestíbulos que permitirán a utilización diferenciada do centro de ensino e do auditorio situado no corpo norte. Neste andar estan os despachos, o local para a Anpa e catro aulas.
O nivel 2 conta con sete aulas non instrumentais, duas cabinas de estudio e doce aulas instrumentais (4 de corda, 3 de vento-metal, 1 de guitarra, 1 de canto e 1 de gaita). No nivel 3 hai tres aulas non instrumentais e doce instrumentais (4 de corda, 3 de vento-metal, 1 de tuba e metais, 1 de percusión e 3 non específicas). No corpo norte está a biblioteca e duas aulas de música de cámara.
Lois Castrillo lembrou que a construcción do conservatorio foi un empeño do Goberno municipal e especialmente da concelleira de Educación Ana Gandón. Segundo explicou, con este equipamento, Vigo vai dispoñer dunhas instalacións modernas para impartir o ensino da música e poderase satisfacer a ampla demanda que existe na cidade deste tipo de estudios.
Descargar todas as imaxes