Escoitar

A asociación Ovarias prepara unha cooperativa de atención familiar

xoves, 27 feb 2003
A concelleira da Muller ,Ana Gandón, presentou un proxecto de traballo que está a desenvolver a Asociación de Mulleres Ovarias de emprego e cidadanía activa das mulleres. O proxecto está enmarcado na iniciativa comunitaria URBAL que ten entre outros obxectivos a promoción de experiencias destinadas a igualdade en materia de educación e emprego.

A iniciativa está coordinada polo concello brasileiro de Sao Paulo e figuran como socios os concellos de Rosario( Arxentina), Montevideo (Uruguai), a rexión da Toscana ( Italia) e Vigo.A finais do mes de abril será a nosa cidade que acolla unha xuntanza de intercambio destes municipios.

En Vigo o proxecto realizarse a través da Asociación de Mulleres Ovarias mediante accións formativas e de capacitación de cara á incorporación das mulleres en situación de vulnerabilidade ao mercado laboral.. Entre as actividades que se desenvolverán figuran un estudio de investigación, materiais educativos, a realización dunha experiencia piloto e avaliación da iniciativa.

Neste sentido a asociación Ovarias están a realizar cursos de formación en atención familiar e xestión empresarial coa finalidade de desenvolver unha cooperativa para á atención de menores e persoas maiores.

A asociación Ovarias está integrada por mulleres víctimas de malos tratos, reúnense nas instalacións do Instituto Municipal de Educación e o seu teléfono é 651.30.62.90.