A radio, a música, a cociña e o teatro son os temas da programación das ludotecas municipais en marzo
A radio, a cociña, o teatro, a música e os sentidos serán os grandes protagonistas das programacións das diferentes ludotecas municipais da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo neste mes de marzo. Todo comezará coa celebración do Entroido por todo o alto.
Casa de Xuventude (López Mora, 31)
A radio será a protagonista do mes. Os rapaces transformarán a ludoteca nun estudio radiofónico: montarán unha cabina pinchadiscos, elaborarán un noticieiro con reportaxes e enquisas, crearán cuñas publicitarias, farán unha retransmisión deportiva e unha radionovela, e participarán no proxecto didáctico de Radio ECCA emitindo un programa en directo.
Ademais, continuarase cos obradoiros de guiñois e fotografía, xogarase cos sons, gravaranse CDs de música moderna, os socios que tocan algún instrumento darán miniconcertos e farase unha merenda campestre.
Coruxo (Colexio A Paz Tintureira, Estrada Fragoselo, 28)
A cociña, na primeira quincena, e o teatro, na segunda, serán os protagonistas. Nos primeiros quince días, os nenos coñecerán os hábitos culinarios de diferentes países dos cinco continentes, incluido Galicia, e aprenderán a cociñar recetas simples mais orixinais e sinxelas lambonadas. Na segunda quincena, achegaranse o teatro, elaborarán os seus propios monicreques e escenarios, e estrearán a súa propia obra.
Lavadores (Asociación de Vecinos, Ramón Nieto, 302)
A protagonista do mes será a música, aínda que nos primeiros días se celebrará o Entroido. Os nenos disfrazaranse de sinais de tráfico e o Martes de Carnaval participarán na festa que terá lugar na Asociación de Vecinos.
Durante o resto do mes achegarase os rapaces ao mundo da música dun xeito divertido, mediante audicións, xogos e concursos. Haberá un obradoiro para facer instrumentos musicais con cristal, cartón, chapas ou pedriñas. Representarase unha orquesta con mímica, recoñecerán sons de instrumentos cos ollos pechados e descubrirán a que películas corresponden as melodías que escoiten. Tamén haberá xogos musicais coma as cadeiras musicais, o baile do periódico e a estatua, asistirase ás clases de piano da Asociación de Veciños para escoitar aos alumnos e proxectaranse en vídeo as películas Mozart e El fantasma de la ópera.
Coia (Pavillón Polideportivo, Castelao, s/n)
Celebranse os Xogos Olímpicos dos Sentidos, despois do éxito do ano pasado, nos que os nenos porán a proba a sua vista, oído, olfato e gusto. Haberá unha cerimonia de apertura, con facho olímpico, bandeira, himno e discurso: e outra de clausura, con entrega de medallas, premios e mencións especiais. E cada día terá lugar unha proba. Algunhas delas serán: ¿Que badalada foi esa? ¡Que bo gusto tes! ou ¿Que che sobra ou que che falta? Ademais escolleranse os personases do mes, que serán caracterizados dacordo coa temática olímpica.
Tamén se poderá xogar fútbol no pavillón e farase unha excursión a Castrelos, na que se realizará un gran xogo de rastrexo.
Hoy por mañana, Ludoteca de Integración (Sagunto, 86)
Nesta ludoteca de integración, xestionada por unha asociación de paise nais de paralíticos cerebrais, na que acuden tanto nenos con discapacidades como sen elas, como tódolos meses haberá un contacontos e unha película infantil cada semana. Dentro das manualidades, na primeira quincena farán, entre outras cousas, gafas con overas ou xoias con botóns, e na segunda, un portateléfono móvil con caixiñas de tabaco, como regalo para o Día do Pai, ou figuras con papel maché. No apartado de xogos celebrarase unha competición de puntería con pistolas de dardos e outra de tragabolas. Tamén haberá unha festa de disfraces.
Descargar todas as imaxes